KH-7
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
KH-7 (Keyhole-7) ou Gambit-1, parte do programa 206, foi a primeira serie de satélites de recoñecemento de alta resolución. Eran operados pola NRO, da Forza Aérea dos Estados Unidos.[1][2]

Historia
Os KH-7 foron os primeiros satélites de recoñecemento ópticos de alta resolución. O seu desenvolvemento provocou a cancelación dos KH-6, pertencentes ao programa Corona. Os KH-7 estabilizábanse nos tres eixos e nun momento dado separábanse da etapa Agena D á que ían unidos en órbita. Levaban a bordo o vehículo de reentrada para a película fotográfica e a cámara. O espello primario da cámara tiña 112 cm de diámetro e 196 cm de distancia focal, cun control preciso da temperatura, conseguindo resolucións de entre 0,61 e 0,91 m.[1][2]
Lanzáronse 38 KH-7 mediante foguetes Atlas LV-3 e Atlas SLV-3 entre 1963 e 1967, con dous lanzamentos fallados.[1][2]
Remove ads
Historial de lanzamentos
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads