Concello de Kalix
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Kalix é un municipio sueco (kommun) do condado de Norrbotten.[1] A súa capital é a localidade Kalix. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 15 391 habitantes.[2]
Situado xunto ao golfo de Botnia, o municipio componse principalmente de terra de morena, que nalgunhas zonas é de bloques grandes. A morena está cuberta de bosque, aínda que nalgunhas partes foi talado.
No pasado a economía do concello estaba dominada pola industria forestal e de serradoiros, pero recentemente desenvolveuse , a industria electrónica e de enxeñería, así como de empresas de servizos de telecomunicacións.
A tendencia de poboación foi positiva ata principios dos anos 80, pero posteriormente volveuse negativa, e o concello perdeu case 4.000 habitantes dende entón. O concello ten unha longa tradición de gobernos de esquerdas.
Remove ads
Administración histórica
A área do concello correspóndese coa da parroquia de Nederkalix, onde se fundou o municipio rural de Nederkalix co reforma municipal de 1862.
A localidade municipal de Kalix estableceuse o 8 de abril de 1910 e disolveuse o 31 de decembro de 1962. O muncipio rural de Töre fundouse en 1924 como unha escisión.
A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións da zona, e tampouco se viron afectados os condados de Västerbotten e Norrbotten.[3]
En 1967 a partir dos concellos rurais de Töre e Nederkalix naceu o concello rural de Kalix. O muncipio de Kalix fundouse coa reforma municipal de 1971 a través da reorganización do municipio rural.[4]
Dende a súa fundación o municipio pertende ao partido xudicial de Haparanda.[5]
Desde 2011, o municipio forma parte da área administrativa para o finés e da área administrativa para o meänkieli,[6] o nome do concelo é Kaihnuun kunta en Meänkieli.[7]
Remove ads
Xeografía
O concello de Kalix atópase no leste do condado de Norrbotten, na beira norte do golfo de Botnia. Ao leste limita co municipio de Haparanda, ao norte cos de Övertorneå e Överkalix, e ao oeste co de Luleå.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

