Kanto

From Wikipedia, the free encyclopedia

Kantomap
Remove ads

A rexión de Kanto (関東地方 かんとうちほう, Kantō-chihō) é unha área xeográfica da illa de Honshū, a maior illa do Xapón. Os seus límites territoriais son practicamente os mesmos da Chaira de Kanto.

Datos rápidos Epónimo, Localización ...
Remove ads

Etimoloxía e características

O nome refírese, xeralmente, á rexión leste (東) do posto de control de Hakone (関所). (O nome Kanto significa literalmente "Leste da Barreira," e refírese aos postos de control (barreiras) que se erixiron durante o Período Tokugawa na estrada Tokaido que ligaba Tokyo a Kyoto.

A rexión consta de sete prefecturas: Gunma, Tochigi, Ibaraki, Saitama, Tokyo, Chiba, e Kanagawa.

A Chaira

A Chaira de Kanto é unha rexión sensibelmente chá onde se insire a cidade de Tokyo. É a maior chaira do Xapón e xa foi, durante o período Edo a rexión agrícola máis próspera do país. Nesa época, os señores feudais desta chaira detiñan un poder considerábel grazas á fertilidade da terra.

A proposta de invasión do Xapón polos aliados durante a segunda guerra mundial, e que ficou coñecida por Operación Coronet, inserida na Operación Downfall, prevía que a chaira de Kanto fose o lugar de desembarque das tropas.

Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads