Karl-Heinz Rummenigge

futbolista alemán From Wikipedia, the free encyclopedia

Karl-Heinz Rummenigge
Remove ads

Karl-Heinz Rummenigge, nado o 2 de setembro de 1955 en Lippstadt, é un futbolista alemán retirado.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Á idade de 18 anos abandona a súa vila natal e marcha cara Múnic, contratado por un dos equipos da cidade, o Bayern de Múnic. Alí ficaría ata 1984, sendo tres veces o máximo anotador da Bundesliga e ademais unha das estrelas do equipo. Nese tempo entre outros títulos gañou a Copa de Europa en 1976. Despois marcharía ó Inter de Milán, onde xogaría 3 tempadas, retirándose finalmente no Servette suízo en 1989.

Formou parte da selección alemá nos mundiais de Arxentina 78, España 82 e México 86. Nestes dous últimos torneos foi subcampión, e fixo nos tres unha actuación extraordinaria. Si conseguiu a vitoria, porén, na Eurocopa de 1980.

Actualmente traballa para o Bayern de Múnic.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads