L'insulte
filme de 2017 dirixido por Ziad Doueiri From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
L'insulte (en árabe: قضية رقم ٢٣ translit. Qadiyya raqm 23, lit. 'Caso Nº 23') é un filme franco-libanés de 2017 dirixido por Ziad Doueiri e coescrito por Doueiri e Joelle Touma. Foi estreado na sección principal do Festival Internacional de Cine de Venecia.[1] En Venecia, Kamel El Basha gañou a Copa Volpi ó mellor actor.[2] Foi escollido como o candidato do Líbano para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa,[3][4] sendo nomeado na 90ª edición dos premios.[5]
Remove ads
Argumento
Unha discusión que xurdiu dun incidente trivial leva o cristián libanés Tony e o refuxiado palestino Yasser a intercambiar duras palabras despois de que Yasser intentase reparar un desaugadoiro no balcón de Tony. As consecuencias conducen á violencia, aos enfrontamentos ante a xustiza, que chega a converterse nun caso nacional que reabre vellas feridas a causa da guerra.
Cada un dos protagonistas viuse afectado por un evento histórico traumático na súa mocidade: o masacre de Damour no caso de Tony e o Setembro Negro en Xordania no caso de Yasser.
Remove ads
Personaxes
- Adel Karam como Tony Hanna
- Kamel El Basha como Yasser Abdallah Salameh
- Rita Hayek como Shirine Hanna
- Camille Salameh como Wajdi Wehbe
- Diamand Bou Abboud como Nadine Wehbe
- Talal Jurdi como Talal
- Christine Choueiri como Manal Salameh
- Julia Kassar como Xuíza Colette Mansour
- Rifaat Torbey como Samir Geagea
- Carlos Chahine como Xuíz Chahine
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads