Living Plume Shield

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Living Plume Shield ou LIPS foi unha serie de satélites artificiais dos Estados Unidos adicados a probar diferentes tecnoloxías.[1][2]

Características

Os satélites LIPS eran en realidade a cuberta inferior dos dispensadores MSD utilizados para despregar os satélites Parcae e cuxa función era protexer a estes satélites da saída de gases do motor do dispensador. Tres destas cubertas, con forma de aro, foron modificadas para levar a cabo diversos experimentos. Foron enviados ao espazo entre 1980 e 1987 a bordo de foguetes Atlas E e Atlas H.[1][2]

LIPS 1, xunto con Parcae 4, non chegou ao espazo polo fallo do seu foguete lanzador.[1][2]

LIPS 2 chegou a órbita e a súa misión consistiu en probar a descarga directa de datos tácticos desde órbita baixa, levando a bordo un transpondedor en UHF dun so canal. Usaba ademais tres paneis solares de dobre cara con diferentes tipos de células solares para producir enerxía eléctrica.[1][2]

LIPS 3 tamén foi posto en órbita e usouse para probar células solares de nova tecnoloxía.[1][2]

Remove ads

Historial de lanzamentos

Máis información Misión, Data de lanzamento ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads