Lago Alberte
un dos grandes lagos africanos From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O lago Alberte, Albert Nyanza ou lago Mobutu Sese Seko é un lago que está situado na África Central, no Gran Val do Rift, ao oeste de Uganda. Serve de fronteira coa República Democrática do Congo. Neste lago desemboca o río Nilo chegando desde o seu nacemento no Lago Vitoria e volve saír outra vez dirección norte, camiño do mar Mediterráneo.
Está situado a unha altitude de 615 metros, ten unha área de 5.300 km², con 160 km de longo e 30 km de largo e unha profundidade máxima de 58 m.
Foi descuberto para o mundo branco en 1864 por Samuel White Baker, na súa viaxe de busca do nacemento do río Nilo, poñéndolle o nome en honra do príncipe Alberte, consorte da raíña Vitoria.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads