Laureano Ruiz

futbolista e adestrador cántabro From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Laureano Ruiz Quevedo, nado en Escobedo (Villafufre, Cantabria) o 21 de outubro de 1937, foi un futbolista e adestrador de fútbol.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Aos 18 anos pasou das categorías inferiores ao primeiro equipo do Racing de Santander e a adestrar ao equipo xuvenil. Aos 24 fichou polo Ximnástica de Torrelavega, manténdose como adestrador dos equipos xuvenís do Racing.

Aos 28 anos deixou de xogar a fútbol e pasou a adestrar o Racing de Santander, sendo o técnico máis xove do estado no seu momento.

A súa carreira de adestrador combinada con labores de dirección levouno ao FC Barcelona e ao seu filial, para despois fichar polo Celta de Vigo en 1978 para suplir a José María Maguregui.

Dirixiu o equipo vigués durante unha soa tempada, na que o equipo repleto de baixas como a de Carlos Fenoy, Ademir Vieira ou Juan descende a Segunda División outra vez.

Ao rematar esa tempada decide deixar o Celta e fichar polo Racing de Santander, sería substituído polo ex xogador do Celta Pedrito.

É o único técnico que ata o momento dirixiu equipos en tódalas categorías, dende Primeira División ata Benxamíns. Actualmente é o director da Escola Municipal de Santander.

Como adestrador acadou o título máis alto, adestrador nacional de honra. Tamén foi mestre de técnica e táctica nas Escolas de Cantabria e Cataluña.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads