Legume

plantas da familia das fabáceas, ou o seu froito ou a súa semente From Wikipedia, the free encyclopedia

Legume
Remove ads

Denomínase legume (do latín legumen) a un tipo de froito seco, tamén chamado comunmente vaíña, vaxa ou bagullo. Así mesmo reciben tal nome as sementes comestibles que crecen e maduran dentro deste froito e as plantas que as producen.

Thumb
Tres tipos de lentellas
Thumb
Sementes de soia

Os legumes constitúen un grupo de alimentos moi homoxéneo, formado polos froitos secos das leguminosas, sendo dehiscentes, desenvolvidos a partir do xineceo, dun só carpelo e que se abre tanto pola sutura ventral como polo nervio dorsal, en dúas valvas e coas sementes nunha fileira ventral. Estas vaíñas adoitan ser rectas e carnosas. Polo xeral posúen unha carne interior esponxosa, con tacto de veludo e de cor branca. A súa parte interna corresponde ao mesocarpio e ao endocarpio do froito.

O tamaño dos legumes varía dende un milímetro ou pouco máis ata medio metro. A súa forma, aínda que na maioría dos casos é alongada e comprimida, como a dos feixóns ou fabas, varía moitísimo.

Estes froitos pertencen á grande orde das plantas leguminosas (familia Fabaceae, leguminosas de gran). Malia o gran número de especies que compón esta familia, as empregadas para a alimentación humana e do gando é moi baixo.

A parte da planta consumida en alimentación animal e humana varía entre as distintas especies de leguminosas. Na maior parte dos casos, a parte comestible coincide coa utilizada pola planta como almacén de substancias de reserva. A gran variación existente na parte consumida é unha consecuencia da diversidade de estratexias utilizadas polas leguminosas para a súa adaptación aos medios máis diversos.

A Asemblea Xeral da ONU proclamou en 2019 o 10 de febreiro como o Día Mundial dos Legumes (resolución A/RES/73/251) para concienciar a opinión pública sobre os beneficios nutricionais do consumo de legumes. Xa anteriormente declarara o ano 2016 como Ano Internacional dos Legumes (resolución A/RES/68/231) [1].

Remove ads

Tipos de legumes

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads