Leilía
grupo galego de música tradicional From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Leilía é un grupo de pandeireteiras galegas nado no verán de 1989. O seu nome provén dun termo aplicado ao retrouso das cantigas populares.[1]
Remove ads
Traxectoria
Pertencen á xeración de mozos e mozas, ligados aos grupos folclóricos, que desde os anos oitenta percorreron as aldeas galegas recompilando músicas e bailes tradicionais. Mercedes Rodríguez, Montse Rivera e Felisa Segade facían parte da agrupación compostelá Cantigas e Agarimos. Felisa impartía, ademais, aulas de canto e pandeireta en Cacheiras. Alí entrou en contacto coas irmás Ana e Rosario Rodríguez, e con elas configurouse o grupo no verán de 1989.[2]
En 1992 unha selección do seu traballo de recompilación foi publicada na colección Fonoteca 92 de El Correo Gallego e no ano 1994, cos froitos das recollas de campo, publicaron o seu primeiro disco Leilía, un álbum de pouso etnográfico que mudou o panorama da música galega de raíz, pois até daquela esta asociábase principalmente á gaita, e non existían grupos de pandeireteiras que actuasen por si propias, separadas das formacións folclóricas.
A este primeiro traballo discográfico seguíronlle outros catro, e multitude de concertos, espectáculos e recoñecementos, nunha longa carreira de máis de trinta anos.[3]
En 2023, durante a xira Vidas Cantadas, anunciaron a súa despedida dos escenarios.[4]
En 2023 premio Alecrín da Cultura das entidades culturais galegas en Cataluña.[5]
En 2024 foron Medalla Castelao.[6]
Remove ads
Discografía
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads