Leiótrix de bico vermello

From Wikipedia, the free encyclopedia

Leiótrix de bico vermello
Remove ads

O leiótrix de bico vermello[2] (Leiothrix lutea) é unha especie de ave paseriforme da familia Leiothrichidae.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Thumb
Ovo de Leiothrix lutea calipyga
Remove ads

Descrición

O macho posúe un canto parecido ao do reiseñor común. Ademais, posúen unhas atractivas cores, das que destaca o verde das ás e o amarelo da gorxa.[3] A súa alimentación é principalmente insectívora, pois caza todo tipo de insectos e vermes.[3] Tamén se alimentan de sementes e froitas.[3]

É empregada como ave de gaiola.[3]

Distribución natural

É unha especie orixinaria do sur de Asia, concretamente desde o norte do Himalaia e Tailandia até o sur da China e Myanmar.[3]

Distribución actual

Algunhas poboacións foron introducidas no Xapón, en Hawai, en Florida (Estados Unidos) e nas illas Reunión.[3] O carácter invasor desta especie motivou a prohibición da súa importación, venda, cría e liberación ao medio ambiente no Xapón.[4][5]

En Europa está documentada a presenza de individuos escapados en España e Francia.[3] Destaca, dende 1990, o seu asentamento na Serra de Collserola, en puntos do núcleo urbano de Barcelona e na fronteira con Francia no País Vasco e Navarra.[3][6]

Debido ao seu potencial colonizador e á grave ameaza que supón para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi catalogada no Catálogo Español de Especies exóticas Invasoras, aprobado por Real Decreto 1628/2011, de 14 de novembro. Polo tanto, está prohibida en España a súa introdución no medio natural, a súa posesión, o seu transporte, o seu tráfico e o seu comercio.

Conservación e ameazas

Debido a que o seu rango de distribución é moi grande, a UICN non a cataloga como especie ameazada, a pesar da destrución do seu hábitat e a súa captura como ave de gaiola.[7]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads