Leipzig
cidade de Saxonia (Alemaña) From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Leipzig ( son (axuda · info); IPA: [ˈlaɪpt͡siç]) é unha Kreisfreie Stadt (cidade independente) no noroeste de Saxonia (Alemaña) na confluencia dos ríos Pleiße, Weiße Elster e Parthe e ten 297.60 km².
Os seus 520.838 habitantes fana a cidade máis poboada de Saxonia.
A corporación municipal está composta por 19 concelleiros do SPD, 19 do PDS, 19 do CDU, 7 dos Verdes, 3 do FDP, 1 do DSU, 1 do FORUM e 1 outros.
O primeiro documento no que aparece a localidade data do ano 1015. Trala concesión do foro e dos privilexios de comercio no ano 1165, desenvolveuse como importante punto comercial no centro de Europa, cun dos mercados máis antigos do mundo, que data do ano 1190, e a imprenta tivo unha grande importancia.
Xa no ano 1165 a cidade recibiu o dereito de cidade e mercado (agora recinto feiral). Desde entón, Leipzig converteuse nun dos centros de comercio máis importantes de Europa central. A cidade ten unha longa tradición de recinto feiral unha das feiras máis antigas (1190) de Europa. Xunto con Fráncfort é Leipzig o centro histórico da imprenta e do comercio. Ademais, na cidade atópase unha das universidades máis antigas de Alemaña. Nas últimas dúas décadas, Leipzig foi o centro das manifestacións dos luns (Montagsdemonstrationen) de 1989, as cales lle deron o impulso necesario á reunificación alemá.
En Leipzig, ademais, atópanse unha das universidades e escolas superiores de música máis antigas de Alemaña. A cidade conta cunha grande tradición musical, principalmente debida á actividade de Johann Sebastian Bach e de Felix Mendelssohn Bartholdys e afianzada pola orquestra da Gewandhaus de Leipzig e polo coro da igrexa de Tomás.
Remove ads
División da cidade
Leipzig componse de 10 distritos (Stadtbezirk) con 63 barrios históricos.
Os seguintes distritos limitan coa cidade de Leipzig:
Krostitz | Jesewitz | ||
Schkeuditz | Rackwitz | Taucha | |
![]() |
Borsdorf | Brandis | |
Markranstädt | Markkleeberg | Naunhof | |
Kitzen | Zwenkau | Großpösna | |
Transportes
A cidade dispón desde 1917 de autobuses e tranvías que conectan todos os barrios da cidade entre si. Ademais, estase a construír un metro para certas liñas do tranvía. Leipzig ten tamén un tren suburbano que a conecta coas cidades e vilas próximas dun xeito rápido e efectivo. En 1915 inaugurouse a estación de ferrocarril da cidade, a cal aínda hoxe está en uso e conecta a Leipzig con todo o país. Os aeroportos máis próximos son:
- Aeroporto de Leipzig/Halle, a 15 quilómetros de Leipzig.
- Aeroporto de Leipzig-Altenburgo, a 42 quilómetros de Leipzig.
Remove ads
Persoas destacadas

Leipzig é o lugar de nacemento de moitas persoas destacadas, tales como o filósofo e científico Gottfried Wilhelm Leibniz (1646), o compositor Richard Wagner (1813), o historiador da arte Nikolaus Pevsner (1902), o tipógrafo Jan Tschichold (1902), o pintor Max Beckmann o o socialista Karl Liebknecht (1871).
Moitas outras personalidades traballaron durante gran parte da súa vida na cidade, tales como Johann Sebastian Bach, que morreu nella en 1750, e Felix Mendelssohn Bartholdy, o filósofo Friedrich Nietzsche, o premio nobel de física Werner Heisenberg, a política Angela Merkel ou o construtor de automóbiles August Horch.
Die Prinzen é un grupo de música famoso en todo o país, cuxos integrantes estudaron no Conservatorio Superior Felix Mendelssohn-Bartholdy. O grupo comezou a súa carreira musical a finais dos oitenta e foi un dos poucos "produtos" orixinarios da República Democrática Alemá que logrou manter a súa popularidade na Alemaña reunificada. Die Prinzen contan con 14 discos de ouro e 6 de platino (até 2001), entre outros moitos premios.
Till Lindemann, cantante da banda Rammstein, naceu tamén nesta localidade.
Desde outubro de 2010[1] o Departamento de Translatoloxía e Lingüística Aplicada[2] da Universidade de Leipzig conta cun lectorado de galego [3] e outro de catalán.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads