León Menor

From Wikipedia, the free encyclopedia

León Menor
Remove ads

Leo Minor ou León Menor[1] é a constelación máis pequena: apenas pode ser recoñecida coma un triángulo e está situada entre as facilmente recoñecibles Ursa Major e Leo. A diferenza de Leo non pertence á antiga lista de 48 constelacións debuxadas por Tolomeo no segundo século A.C, se non que foi creada por Johannes Hevelius no 1687.

Datos rápidos Leo Minor, Nome latino ...
Remove ads

Estrelas principais

  • β Leonis Minoris, aínda que é a única con letra grega na constelación, non é a estrela máis brillante (magnitude 4,21). É unha binaria cunha compoñente principal que é unha xigante amarela.
  • 46 Leonis Minoris (Praecipua), con magnitude 3,83, é a máis brillante aínda que non teña designación de Bayer. É unha xigante laranxa a 98 anos luz.
  • 21 Leonis Minoris, estrela branca da secuencia principal de magnitude 4,48, a terceira máis brillante da constelación.
  • 20 Leonis Minoris, estrela binaria formada por unha anana amarela e unha anana vermella activa a 49 anos luz.
  • R Leonis Minoris, variable tipo Mira, con magnitude variable entre 6,3 e 13,2 nun ciclo de 372,19 días.
  • RY Leonis Minoris (G117-B15A), anana branca variable do tipo ZZ Ceti.
Remove ads

Obxectos Notables do espazo profundo

Leo Minor non contén obxectos do espazo profundo. O máis brillante é a galaxia NGC3003, de magnitude 11,7 e un tamaño angular de 5,9 arcmin.

Destaca-lo misterioso obxecto do espazo profundo coñecido coma Hanny's Voorwerp (do alemán obxecto de Hanny) que foi descuberto no 2007 por un profesor de escola alemán chamado Hanny van Arkel cando participaba coma voluntario no proxecto Galaxy Zoo.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads