Lesotho

país do sur de África From Wikipedia, the free encyclopedia

Lesotho
Remove ads

Lesotho,[1] cuxo nome oficial é Reino de Lesotho (en sesotho Muso oa Lesotho, "O País dos que falan Sesotho"), é un estado situado no sur de África e encravado dentro de Suráfrica, membro da mancomunidade de nacións británica, este país era coñecido antes como Basutolandia.

Datos rápidos Himno, Lema ...
Remove ads

Historia

A terra de Basutolandia foi renomeada como reino de Lesotho despois da súa independencia do Reino Unido no 1966. O rei Moshoeshoe exiliouse no 1990. No 1993, o goberno constitucional foi restaurado despois un período de espera de 23 anos durante os que o dirixiron os militares. No 1998, protestas violentas asociadas provocaron a intervención breve, mais sanguenta, do exército surafricano no momento das eleccións. Outra reforma constitucional restableceu a estabilidade do país.

Remove ads

Política

Dende o 7 de febreiro do 1996, o rei Letsie III reina sobre o Lesotho sucedendo ao seu pai.

Subdivisións

Artigo principal: Subdivisións de Lesotho.

O reino de Lesotho atópase dividido en 10 distritos:

Máis información Divisións administrativas ...

Xeografía

O relevo do Lesotho é moi montañoso, e o país é chamado «Un reino no ceo», o que o describe moito, xa que todo o país está a máis de 1400m de alto. O seu punto cumio é o Tabana Ntlenyana de 3482m de alto.

O inverno é de xuño a agosto, con temperaturas preto dos 0 °C. Entón podes ver a neve sobre das montañas. A estación das choivas comeza en outubro e remata en abril.

Economía

Artigo principal: Economía de Lesotho.

Demografía

Thumb
Evolución da demografía entre 1961 e 2003 (cifra da FAO, 2005). Poboación en milleiros de habitantes.

Máis do 99% da poboación de Lesotho son etnicamente basotho; outros grupos étnicos inclúen europeos e asiáticos. A poboación do país é 80% cristiá, a maioría deles católicos romanos. Outras relixións son o islam, o hinduísmo e varias crenzas indíxenas. O sesotho e o inglés son os idiomas oficiais, outros idiomas inclúen o zulú e xhosa.

O problema da SIDA

Do mesmo xeito que en moitos outros países da África subsahariana, a SIDA converteuse nun auténtico problema. A data de hoxe,[cando?] o 29% da poboación é portadora do virus ou desenvolveu a enfermidade, e os datos de organismos internacionais estiman que a porcentaxe subirá ata o 35% nos próximos anos. A consecuencia máis palpable deste fenómeno é a espectacular caída da esperanza de vida ata os 37 anos.

O goberno nacional tardou en recoñecer a gravidade do problema, e as súas medidas para frear as consecuencias de devandita enfermidade non comezaron a levarse a cabo ata 1999. En devandito ano, organismos gobernamentais finalizaron o seu plan estratéxico contra a SIDA, reforzado nos vindeiros anos con novas propostas tanto no ámbito da educación, a prevención ou o tratamento. A este problema, debe sumarse a falta de persoal médico especializado no país.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads