Liña lateral
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A liña lateral é un órgano sensorial dos peixes que serve para detectar o movemento e as vibracións na auga circundante, o que axuda a estes animais a evitar colisións, a orientarse en relación ás correntes de auga e a localizaren os depredadores e ás súas presas (e a estas, a fuxir daqueles).[1]

As liñas laterais comunmente son visíbeis como tenues liñas que percorren cada lado do peixe, desde as proximidades do opérculo (estrutura que cobre as branquias) até a base da cola.
Algunhas veces partes deste órgano están modificadas para poder actuaren como electrorreceptores, órganos que detectan impulsos eléctricos. É posíbel que vertebrados como os tiburóns usen tamén as liñas laterais para detectaren campos magnéticos.
Por outra parte, a maioría das larvas e algúns adultos de anfibios que permanecen continuamente na auga tamén posúen este órgano, mentres que algúns crustáceos e cefalópodos teñen órganos similares.[2]
Remove ads
Galería de imáxes
- Algunhas escamas da liña lateral do rutilo (Rutilus rutilus)
- As pequenas depresións na cabeza deste lucio conteñe células do sistema da liña lateral.
- Liña lateral visíbel en Scorpis violacea
- Xenopus laevis co órgano da liña lateral visíbel como liñas oblongas brancas.
- Liña lateral dun rapante (Lepidorhombus whiffiagonis)
Notas
Referencias bibliográficas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads