Liberalismo clásico

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O liberalismo clásico, tamén referido como liberalismo tradicional,[1] liberalismo laissez-faire[2] ou liberalismo de mercado,[3] é un tipo de liberalismo, unha ideoloxía e filosofía política e unha crenza ou doutrina económica cuxa principal característica é a defensa da liberdade individual, coa limitación do poder do Estado polo imperio da lei (ou pola rule of law anglosaxoa), a igualdade de todos perante a lei, o dereito de propiedade, e, en política económica, prega a libre iniciativa.[4][5][6][7]

Datos rápidos Fontes e ligazóns ...
Remove ads

Bases ideolóxicas

Os liberais clásicos cren nun goberno pequeno, e cren que a xente será gobernada principalmente pola lei natural. Cren que as persoas teñen dereitos inalienables, é dicir, dereitos que non se poden quitar. Tamén cren nun mercado libre e nos dereitos de propiedade.

Moitas das crenzas do liberalismo clásico son similares ás do libertarismo, ademais dalgunhas formas de conservadurismo.

Liberais clásicos

Algúns pensadores que desenvolveron o liberalismo clásico durante os séculos XVIII e XIX foron Adam Smith, Thomas Malthus e Thomas Jefferson. Máis recentemente, a mediados do século XX, Ludwig von Mises, Friedrich Hayek e Milton Friedman estaban a favor.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads