Libros históricos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Libros históricos
Remove ads

Os Libros históricos son unha división do Antigo Testamento propia das Biblias cristiás. Recolle os libros que percorren a historia de Israel dende a chegada a Canaán ata os tempos de Xesús.

Thumb
O Rei David na Catedral de Santiago.

O obxectivo dos autores destes libros é, sobre todo, facer unha reflexión teolóxica sobre a presenza de Deus na súa historia.

Relación dos libros

Os libros que conforman este grupo son: Libro de Xosué, Libro dos Xuíces, I Samuel e II Samuel, I Reis e II Reis, Crónicas 1-2, Libro de Esdras, Libro de Nehemías, 1 Macabeos, 2 Macabeos.

Ademais hai que sumarlle os libros episódicos: Rut, Ester, Tobías, Xudit.

Os libros históricos e a historia de Israel

Todos os libros fan referencia a unha etapa concreta da historia de Israel, segundo o cadro seguinte. A única excepción a constitúen os dous Libros de Crónicas, que son un intento de historia universal, dende a creación ata o momento presente.

SéculoHistoria de IsraelLibros históricos
- XIIIAsestamento na rexión de Canaán das tribos semíticas que formarán IsraelLibro de Xosué
- XIIAs tribos de Israel constitúen unha especie de "federación". Comeza o período dos Xuíces de IsraelLibro dos Xuíces
I Libro de Samuel
Libro de Rut (episódico)
- XI(-1030) Xaúl, primeiro rei de Israel
(-1010 a 970) David, rei de Israel
II Libro de Samuel
- X a - VII(-970 a -931) Salomón, rei de Israel
División de Israel entre Reino do Norte e do Sur
I e II Libro dos Reis
Libro de Xudit
- VI(-587 a -539) Desterro de BabiloniaLibro de Tobías
Libro de Ester
- VVolta do desterro e reconstrución do TemploLibro de Esdras
Libro de Nehemías
- IVDivisión do Imperio Macedonio, dominio da dinastía dos Tolomeos1 e 2 Libro dos Macabeos
Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads