Sociedade de Nacións
Organización internacional de comezos do século XX predecesora da Organización das Nacións Unidas From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Sociedade de Nacións foi concibida ideoloxicamente no decurso da primeira guerra mundial, cando líderes coma o presidente estadounidense Thomas Woodrow Wilson comezaron a defende-la necesidade dunha organización supraestatal responsábel de resolución de potenciais conflitos entre as distintas nacións.
Durante as negociacións de paz de outubro de 1918, Woodrow Wilson propuxo os seus catorce puntos entre os que figuraba a creación dunha Liga das Nacións. A liga foi fundada axiña, na conferencia de Paz de París que tivo lugar en 1919, establecéndose a sede xeral en Xenebra (Suíza).[1][2] O pacto foi promovido por Wilson e Léon Bourgeois, da delegación francesa, que recibiron por isto o premio Nobel en 1920, ademais doutros 16 representantes de 13 delegacións internacionais.[1]
Entre os seus propósitos figuraban a promoción de vía diplomática en prol de solucionar os conflitos, de tal xeito que se acordou embargar comercialmente a aqueles países que declarasen guerras[Cómpre referencia].
Porén, a liga endexamais contou con forzas internacionais. Os mesmos EUA negáronse a participar ao negárense a asinar o Tratado de Versalles. Así a todo, cóntanse certos éxitos diplomáticos da liga: a mediación para evitar a guerra entre o Iraq e Turquía, Grecia e Bulgaria e Polonia e Lituania, todos eles conflitos fronteirizos. Porén, nunca foi quen de deter as arelas militaristas de Italia, o Xapón e Alemaña. Durante a segunda guerra mundial estivo inactiva e logo foi substituída polas Nacións Unidas.[1]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads