Ligue 2

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ligue 2
Remove ads

A Ligue 2, coñecida como Domino's Ligue 2 por motivos de patrocinio, é a segunda categoría do campionato de fútbol de Francia e celébrase tódolos anos do mesmo xeito desde 1933 (agás o período entre 1939 e 1945, debido á segunda guerra mundial). Ata 2002 era coñecida como Division 2.

Datos rápidos Nome oficial, Nome na lingua orixinal ...
Remove ads

Historia

O campionato de fútbol foi creado en Francia no ano 1894. A imitación do campionato inglés, que creou a súa segunda división en 1892, Francia decide, en 1896, dar marcha ao novo campionato de fútbol. Desde 1933, os equipos que nela quixesen participar, terían que adquirir o status de equipos profesionais, algo que non variaría ata 1970, cando os equipos afeccionados puideron volver xogar nesta división. En 1992, de novo foi vetada a participación aos equipos non profesionais, os cales seguen sen poder xogar nesta división. Durante todo ese tempo, a Ligue 2 denominouse D2, nome que cambiou polo actual no ano 2002.

Remove ads

Sistema de competición

Na Ligue 2 compiten 20 equipos por tempada, normalmente entre agosto e maio, onde cada equipo xoga dúas veces con tódolos contrarios, un encontro no seu estadio e outro no do seu opoñento, facendo un total de 38 xornadas. A derrota supón non sumar puntos, fronte aos 3 que se suman por vitoria e 1 por empate. Ao final de cada tempada, os tres primeiros clasificados ascenden á Ligue 1. Pola contra, os tres últimos clasificados descenden ao Championnat National.

Os clubs da Ligue 2 participan na Copa da Liga de Francia, cos clubs da Ligue 1 e os do Championnat National con status profesional.

Remove ads

Equipos 2019/20

Máis información Equipo, Cidade ...

Palmarés

Máis información Tempada, Campión ...
Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads