Lingua húngara

lingua da familia de linguas urálicas From Wikipedia, the free encyclopedia

Lingua húngara
Remove ads

O húngaro[2] e unha lingua da familia fino-úgrica. Fálase en Hungría e áreas adxacentes de Romanía, Serbia, Eslovaquia, Croacia, Austria e Eslovenia. O nome da lingua en húngaro e Magyar. Dos 14,5 millóns de falantes, uns 10 millóns viven na Hungría. O pobo que orixinou a lingua, os maxiares, emigraron dos Montes Urais no século IX para o oeste, fixándose na actual Hungría.

Datos rápidos Húngaro Magyar, Status oficial ...
Remove ads

Clasificación

O húngaro pertence ao grupo das linguas ugrofinesas da familia das linguas urálicas, máis especificamente, dentro do subgrupo das linguas ugrias. Xunto co estoniano, o éuscaro e o finés, pertence ao grupo das linguas europeas que non son da familia das linguas indoeuropeas, coas que tamén comparte o trazo tipolóxico de ser unha lingua aglutinante.

Esta é a teoría aceptada entre os lingüistas profesionais, se ben existen outras que pretenden emparenta-lo co turco polas semellanzas que comparten, ou co huno; porén, a maioría desas teorías alternativas non ten fundamento lingüístico algún, polo tanto non son aceptadas pola Academia Húngara de Ciencias, sendo consideradas pseudocientíficas.

Remove ads

Status oficial

Thumb
Lingua húngara en Voivodina, Serbia (censo do 2002)

O húngaro é a lingua oficial de Hungría, polo que posúe un status de lingua oficial da Unión Europea.

O húngaro tamén é lingua oficial da rexión serbia de Voivodina e en tres concellos de Eslovenia: Hodoš, Dobrovnik e Lendava.

A lingua húngara é considerada unha lingua minoritaria ou lingua rexional en Austria, Croacia, Romanía, Bucovina e Zakarpattia na Ucraína, e en Eslovaquia.

Na Romanía e na Eslovaquia, a lingua húngara ten status oficial naquelas vilas e concellos cunha poboación de etnia húngara maior do 20% da poboación total.

Distribución xeográfica

O húngaro fálase como lingua materna nos seguintes países:

Máis información País, Falantes ...
Fonte: Censos nacionais, Ethnologue

No mundo viven arredor de nove millóns de falantes de húngaro, salientando, ademais dos países mencionados ao comezo do artigo, a Arxentina, Australia, Bélxica, Brasil, Canadá, na República Checa, Finlandia, Francia, Alemaña, nos Países Baixos, Italia, Suíza, no Reino Unido, nos Estados Unidos e en Venezuela.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads