Lingua protocéltica
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O protocéltico ou protocelta, tamén chamado celta común, é o suposto devanceiro de todas as linguas celtas coñecidas. Falado probabelmente por volta de -800, o seu léxico pode ser seguramente reconstruído coa axuda do método comparativo da lingüística histórica. O protocelta é unha lingua descendente directa do protoindoeuropeo e é amplamente considerada como a primeira das linguas indoeuropeas en se espallar na Europa noroccidental e atlántica. A área onde a lingua parece que se tornou primeiro perceptibelmente en protocelta, en oposición ao dialecto centum anterior, corresponde á cultura de Hallstatt, nas extremidades occidentais do Urnfield.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Celta (homónimos).
A partir de aproximadamente 800, esa cultura por influencia de elementos traco-cimerios introduciu a Idade de ferro en Europa. Os contemporáneos cimerios son de maneira diversa indicados como os devanceiros dos cimbrios, dos francos sicambres e de Cymru, a pesar doutras etimoloxías explicaren mellor o último termo.
A reconstrución do protocelta está actualmente sendo feita. O céltico continental presenta moitas evidencias fonolóxicas e algunhas morfolóxicas, e o material catalogado é aínda moi escaso para permitir unha reconstrución segura da sintaxe. Malia algunhas frases completas estaren escritas en galo e celtibero, a literatura celta substancialmente mais antiga é encontrada no irlandés antigo, a máis antiga lingua céltica insular rexistrada.
Remove ads
Reconstrución fonolóxica
Consoantes
As mudanzas fonolóxicas das consoantes do PIE ao protocelta poden ser resumidas como segue. (Un asterisco [*] antes dunha letra ou palabra designa que o fonema ou lexema non esta testemuñado e é hipotético, unha forma reconstruída).
En contraste coa lingua da cal se orixinou, o protocelta non usaba a aspiración como característica para diferenciar os fonemas. Así pois, as consoantes sonoras aspiradas do protoindoeuropeo *bʰ, *dʰ, *gʰ/ǵʰ fundíronse con *b, *d, *g/ǵ. A consoante aspirada labiovelar *gʷʰ non se fundiu con *gʷ, malia *gʷ terse tornado *b no protocelta, mentres que a aspirada *gʷʰ se tornou *gʷ. Así, mentres o PIE *gʷen- 'muller' se transformou en ben no irlandés antigo e en benyw no galés, o PIE *gʷʰn̥- 'matar, ferir' é a orixe do irlandés antigo gonaid e do galés gwanu.
O *p protoindoeuropeo perdeuse no protocelta, aparentemente atravesando os estadios *φ (como na táboa superior) e *h (talvez confirmado pelo topónimo Hercynia, se este for de orixe céltica) antes de desaparecer completamente no inicio das palabras e entre vogais. Ao lado de consoantes, o *φ protocelta experimentou diferentes mudanzas: os grupos consonánticos *φs e *φt transformáronse en *xs e *xt respectivamente no protocelta. O *sp- PIE tornouse o s irlandés antigo e o britónico f; mentres Schrijver (1995, 348) argumenta que había un estadio intermedio *sφ- (onde *φ permaneceu como un fonema independente até despois de que o celta protoinsular se dividise no goidélico e no britónico), McCone (1996, 44–45) acha mais económico pensar que *sp- permaneceu inmutábel no protocelta, isto é, a mudanza *p > *φ non acontece cando vai precedido por *s. (De xeito parecido, a lei de Grimm non se aplica a *p, t, k tras *s nas linguas protoxermánicas).
En galo e nas linguas britónicas, un novo son *p apareceu como reflexo do fonema protoindoeuropeo *kʷ. Consecuentemente uns xulgan o galo petuar[ios] e o galés pedwar 'catro', comparábeis ao irlandés antigo *cethair e ao latín quattuor. Até que este novo /p/ encha o espazo no conxunto de fonemas que fora deixado baleiro pola desaparición do equivalente no PIE, nós podemos pensar nunha mudanza en cadea.
Os termos celta P e celta Q son útiles cando se desexa agrupar as linguas célticas de acordo co camiño que tomaron con respecto a este fonema. Porén unha simple división en céltico P e Q pode non ser ríxida, e non facer xustiza ás evidencias das linguas célticas continentais antigas. O gran número de raras innovacións comúns entre as linguas célticas insulares son moitas veces presentadas como evidencia en oposición á división céltico P versus céltico Q, pero poden en vez diso reflectir unha influencia do substrato común a partir de linguas precélticas das Illas Británicas, e neste caso serían irrelevantes á clasificación das linguas célticas.
As linguas celtas Q poden tamén ter /p/ nas palabras estranxeiras incorporadas, a pesar de que nalgúns préstamos do galés ao irlandés o /k/ foi usado para substituír o son, como no gaélico Cothrige, unha forma antiga de "Padraig". O gaélico póg, 'bico', foi un préstamo posterior (da segunda palabra da frase latina osculum pacis, 'bico de paz') nun estadio onde o p foi tomado prestado directamente como p, sen a substitución por c.
Vogais
O sistema vocálico protocéltico é moi parecido ao reconstruído para o protoindoeuropeo por Antoine Meillet. As diferenzas inclúen a incidencia do celta *ī no lugar do PIE *ē (por exemplo, o galo rix e o irlandés rí, 'rei'; comparado ao latín rēx) e *ā no canto de *ō.
A vogal *ə é o chamado "schwa indoxermánico", agora interpretada como unha vogal laringal entre dúas consoantes.
Remove ads
Transición ao galés e ao córnico
As mudanzas fonéticas regulares consonánticas do protocelta ao galés e ao córnico poden ser resumidas na táboa seguinte. Onde os grafemas galeses e córnicos teñen un valor diferente dos símbolos correspondentes do AFI, o valor equivalente do AFI é indicado entre barras. V representa unha vogal; C representa unha consoante.
Remove ads
Morfoloxía
Substantivos
A morfoloxía (estrutura) dos substantivos e adxectivos non mostra demasiadas mudanzas da lingua da que se orixinou. crese que o protocéltico tivo substantivos que tiñan tres xéneros, tres números e entre cinco e oito casos. Os xéneros eran masculino, feminino e neutro. Os números eran singular, plural e dual. O número dos casos é algo obxecto de disputa [1]: mentres que o irlandés antigo só ten cinco, a evidencia do céltico continental considérase que nos leva a un sistema de máis casos, agás os que pensan en conservación de arcaísmos ou en nivelación analóxica. Os casos eran nominativo, vocativo, acusativo, dativo, xenitivo, ablativo, locativo e instrumental.
Os substantivos divídense en aproximadamente nove declinacións, dependendo da raíz. Hai temas en *o, en *ā, en *i, en *u, en dental, en velar, en nasal, en *r e en *s.
Substantivos de tema en *o
- wiros ‘home’ (masculino)
- dūnom ‘fortaleza’ (neutro)
Substantivos de tema en *ā
E.g. *alisā ‘ameneiro’ (feminino?)
E.g. *kumbās ‘Circo glaciar’ (masculino)
Substantivos de tema en *u
E.g. *dānu ‘val, río’ (neutro?)
Substantivos de tema en *i
E.g. *albis ‘montaña’ (masculino?)
E.g. *rīganīs ‘raíña’ (feminino)
E.g. *blawi ‘pelo’ (neutro?)
Substantivos de tema en velar e dental
Ante o *-s do nominativo singular, unha consoante velar neutralizábase en *-x-: *rīg- "rei" > *rīxs. Igualmente, un *-d final volvíase *-t-: *druwid- "druída" > *druwits.
E.g. rīxs ‘rei’ (masculino)
E.g. *druwits ‘druída’ (masculino)
E.g. *karnuxs ‘carnyx’ (masculino?)
E.g. *dants ‘dente’ (masculino)
Substantivos de tema en nasal
En xeral, os temas en nasal rematan en *-on-, isto convértese en *-ū no nominativo singular: *abon-- "río" > *abū.
E.g. *kangsmã ‘paso’ (masculino)
Substantivos de tema en *s
En xeral, os temas en *s rematan en *-es-, que se converte en *-os no nominativo singular: *teges- ‘casa’ > *tegos.
E.g. *tegos ‘casa’ (masculino)
Substantivos de tema en *r
Os temas en *r son raros e céntranse sobre todo en nomes de parentesco. Case sempre rematan en *-ter-, que se converte en *-tīr no nominativo e *-tr- en todos os demais casos non sendo no acusativo: *φater- ‘pai’ > *φatīr, *φatros.
Verbos
Por outro lado, os verbos célticos insulares mostran unha característica peculiar descoñecida noutra outra lingua indoeuropea coñecida: os verbos teñen diferentes formas de conxugación dependendo se eles aparecen na posición inicial absoluta da frase (o céltico insular ten a orde das palabras na frase verbo-suxeito-obxecto) ou se están precedidos por un adxunto adverbial. A situación é mais firmemente confirmada no irlandés antigo, pero aparece de certa forma no gaélico escocés e algúns trazos están tamén presentes no galés medio.
As formas que aparecen na posición inicial da frase son chamadas absolutas, e aquelas que aparecen tras un adxunto conxuntas. O paradigma do presente do indicativo na voz activa do verbo irlandés antigo beirid 'levar' é indicado a seguir; as formas conxuntas están exemplificadas co adxunto ní 'non'.
No gaélico escocés esta distinción aínda se encontra no futuro:
No galés medio, a distinción é vista mais claramente nos proverbios seguindo a fórmula "X acontece, Y non acontece" (Evans 1964: 119):
- Pereid y rycheu, ny phara a'e goreu "Os sucos do arado resisten, quen os fixo non".
- Trenghit golut, ny threingk molut "A riqueza acaba, a fama non".
- Tyuit maban, ny thyf y gadachan "Un bebé medra, os seus cueiros non".
- Chwaryit mab noeth, ny chware mab newynawc "Un neno sen roupas xoga, un con fame non".
Antigas análises da distinción, como foi rexistrado por Thurneysen (1946, 360 ss.), afirman que as terminacións absolutas derivan das "terminacións primarias" do protoindoeuropeo (usadas nos tempos presente e futuro) mentres que as terminacións conxuntas derivan das "terminacións secundarias" (usadas no tempo pasado). Así, o irlandés antigo beirid 'el/ela leva' debe ter evolucionado a partir de *bʰereti (similar ao sánscrito bharati 'el/ela leva'), mentres que a forma conxunta beir debe ter evolucionado a partir de *bʰeret (similar ao sánscrito a-bharat 'el/ela levaba').
Actualmente, en cambio, moitos estudosos do celta concordan que Cowgill (1975), seguindo unha idea xa presentada por Holger Pedersen (1913, 340 ss.), encontrou a solución correcta para a orixe da distinción absoluta/conxunta: unha partícula enclítica, reconstruída como *es tras consoantes e *s tras vogais, viría na frase na segunda posición. Se a primeira palabra na frase fose outro adxunto, *(e)s viría en seguida e así antes do verbo. Mas se o verbo fose a primeira palabra na frase, *(e)s seria engadido a el. Segundo esta teoría, xa que logo, o irlandés antigo absoluto beirid orixinouse do protocelta *bereti-s, mentres a conxunta ní beir orixinouse de *nī-s bereti.
A orixe de *(e)s permanece descoñecida. Cowgill suxire que talvez sexa unha forma semanticamente reducida de *esti 'é', mentres que Schrijver (1994) argumenta que *(e)s é derivada da partícula eti 'e entón, que está testemuñada no galo.
As linguas célticas continentais non posúen distinción ningunha absoluta/conxunta. Porén, elas parecen presentar só as ordes das palabras na frase suxeito-verbo-obxecto e suxeito-obxecto-verbo, como nas outras linguas indoeuropeas. A distinción absoluta/conxunta debe así ser un instrumento da orde de palabras verbo-suxeito-obxecto que apareceu no céltico insular.
Remove ads
Cronoloxía
Discútese sobre a data na que o protocéltico se tería convertido nunha rama separada do indoeuropeo. No pasado asumíase unha asociación con determinadas culturas arqueolóxicas, daquela usábase o método da glotocronoloxía. Ningún dos dous son satisfactorios por diversas razóns. Nos últimos tempos esta cuestión vén sendo tratada por varios grupos de investigación empregando métodos informáticos modernos, con diferentes resultados. Gray e Atkinson estimaron unha data de hai 6100 anos (-4100) mentres que Forster e Toth suxeriron unha data de hai 8100 anos (-6100), pero unhas datas tan antigas non son aceptadas xeralmente. Ámbalas dúas datas están suxeitas a unha incerteza considerábel de estimación, se cadra +/-1500 anos. Na Teoría da Continuidade Paleolítica proponse que o celta tería emerxido do refuxio ibérico tras a última era glaciar, pero esta teoría non a acepta a maioría dos estudosos.
O protocéltico podería ter sido falado ata tan recentemente como o -800, ver linguas célticas.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads