Lista Vermella da IUCN
inventario do estado de conservación de especies animais e vexetais a nivel mundial From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A lista vermella da IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) é unha lista de especies, subespecies, variedades ou mesmo poboacións de seres vivos ameazados de extinción, en graos variados, e organizada no ano 1964. É o inventario máis completo das especies animais e vexetais a nivel mundial.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Pola súa solidez científica, a lista vermella da UICN está considerada como a relación de maior autoridade sobre o estado da diversidade biolóxica.
O obxectivo da lista vermella é transmitir a urxencia e magnitude dos problemas de conservación a toda a sociedade e ás autoridades, motivando así á comunidade mundial para tratar de reducir a extinción das especies animais e vexetais. A lista vermella actualízase cada 4 ou 5 anos.
Na versión 3.1 dos criterios e categorías da lista vermella, que é a utilizada actualmente, considera nove criterios estruturados da seguinte maneira,[1] desde maior a menor risco (as abreviaturas oficiais proveñen do nome orixinal en idioma inglés):
- Extinta (EX),
- Extinta en estado silvestre (EW),
- En perigo crítico (CR),
- En perigo (EN),
- Vulnerable (VU),
- Case ameazada (NT),
- Preocupación menor (LC),
- Datos insuficientes (DD),
- Non avaliada (NE) (especie non avaliada para ningunha das outras categorías).
De maneira nominativa, as categorías VU, EN e CR integran o grupo de "especies ameazadas".
A lista incorpora tamén as categorías "non avaliada" (NE) para as especies que aínda non foron cualificadas, e "datos insuficientes" (DD) para as especies das que non se posúe suficiente información para unha cualificación rigorosa.[1]

Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads