Litificación
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A litificación (do antigo grego lithos, 'rocha') é o proceso por medio do cal os sedimentos acumulados nunha cunca de sedimentción se compactan baixo presión, expulsan os fluídos (auga) atrapados nos seus poros, e convértense gradualmente nunha rocha sólida. Esencialmente, a litificación é un proceso de destrución da porosidade debido á compactación (redución da porosidade) e cementación (depósito dun mineral entre os poros, que pega os sedimentos). A litificación comprende todos os procesos que converten os sedimentos non consolidados en rochas sedimentarias. As areas, ao litificárense, transfórmanse en arenitos, as gravas en conglomerados ou brechas, os limos en limolitas, as arxilas en lutitas, etc.[1][2]
O termo petrificación, aínda que como termo xeral tamén significa conversión en pedra,[3] no seu significado específico describe a substitución de material orgánico por sílice durante a formación de fósiles.[4]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads