Little Crystal

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Little Crystal (リトル クリスタル Ritoru Kurisutaru?) é o single número 21 da cantante xaponesa Ami Suzuki, lanzado o 7 de decembro do ano 2005 baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura.

Datos rápidos Autoría, Publicación ...
Remove ads

Información

Este é o primeiro single lanzado pola cantante Ami Suzuki que é considerado de 4 caras A (é dicir, que contén catro canción promocionais), aínda que só tivo dous vídeos musicais. A pesar de que as catro cancións son baladas, cada unha ten certo estilo característico, principalmente a causa das persoas que traballaron dentro delas, á parte da mesma Ami, que foi a que escribiu tódalas letras das cancións.

"Crystal" é a máis acorde coas épocas do Nadal nas que foi lanzado o single, e tamén é coñecida como a canción principal do mesmo. Foi composta por Kazuhito Kikuchi e KZB, os que tamén fixeran exitosas baladas para artistas como Ayumi Hamasaki. "To Be Free" é creación de HAL, os que tamén traballaron con Hamasaki (a canción considerase bastante similar o single de Ayu chamado "M"). Principalmente o estilo musical de "Place" é obra de Tasunari Nakamura, o que traballou coa artista no single "Negaigoto", o seu primeiro single balada. Nakamura tamén destacou polos seus traballos con bandas coñecidas no ámbito de melodías suaves, como Every Little Thing. A última canción é "Carry Out", canción tamén composta por Kikuchi, pero o seu ritmo parecese as baladas da cantante Kumi Koda, xa que o seu fiel colaborador H-wonder é o que fixo os arranxos, facendo que a canción teña toques de R&B.

Remove ads

Lista de temas

CD

Máis información #, Título ...

DVD

Máis información #, Título ...

Posición nas listas

Máis información Lanzamento, Lista ...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads