Long Beach

From Wikipedia, the free encyclopedia

Long Beachmap
Remove ads

Long Beach é unha cidade estadounidense situada no condado dos Ánxeles, no estado de California. No censo do ano 2010 tiña unha poboación de 462 257 habitantes, sendo a 39º cidade mais poboada dos Estados Unidos, a 7º de California e a segunda da área metropolitana dos Ánxeles.

Datos rápidos Localización, Poboación ...

A cidade é sede dun aeroporto nacional e do maior porto marítimo industrial da rexión dos Ánxeles. A serie de televisión M.D. está ambientada nesta cidade, e alí celebrouse unha final da Liga Mundial de Wáter-polo. Na cidade tamén se atopa o Circuíto urbano de Long Beach, que albergou carreiras de Fórmula 1.

Long Beach atópase na esquina sueste do condado dos Ánxeles e limita co condado de Orange. O centro de Long Beach está aproximadamente a 35 quilómetros ao sur do centro dos Ánxeles, aínda que as dúas cidades comparten unha fronteira de varias millas.

Remove ads

Demografía

Segundo a Oficina do Censo, no ano 2000 os ingresos medios por fogar na localidade eran de $37,270, e os ingresos medios por familia eran $40,002. Os homes tiñan uns ingresos medios de $36,807 fronte aos $31,975 para as mulleres. A renda per cápita era de $19,040. Segundo o censo de 2010, arredor do 20,2% da poboación estaba por debaixo do limiar de pobreza.[1]

Cidades irmás

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads