Lost (tempada 5)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A quinta tempada da serie de televisión estadounidense Lost comezou a transmitirse nos Estados Unidos e Canadá o 21 de xaneiro de 2009, concluíndo o 13 de maio de 2009 tras 17 episodios. Esta tempada segue as historias do grupo de sobreviventes que foron abandonados nunha illa remota no Pacífico Sur. No universo de Perdidos, a tempada ten lugar máis de noventa días despois do accidente. Os produtores declararon que o tema principal desta temporada é porque a xente que deixou a illa precisa retornar a ela.

Datos rápidos Orixe, Nº de episodios ...

A tempada estaba previsto nun principio que contivese dezaseis episodios, mais finalmente contou cun capítulo máis, chegando aos definitivos dezasete. O DVD e Blue Ray sairán á venda nos Estados Unidos o 8 de decembro de 2009 co título de Lost - The Complete Fifth Season: The Journey Back, Expanded Edition.

Remove ads

Resumo da tempada

Pódese dividir a temporada en dúas partes diferenciadas, a primeira trata dos feitos de como os seis de oceanic (Jack, Kate, Sayid, Hurley, Sun e Aaron) son convencidos (ou obrigados) a volver á illa. Todo isto mesturado co desenvolvemento das aventuras dos que quedaron na illa, que finalmente tralos saltos temporais acaban facendo unha nova e acomodada vida como membros da Iniciativa Dharma en 1977.

Unha vez que cinco dos seis de Oceanic (Aaron non viaxará á illa de novo) volven á illa, catro deles, Jack, Kate, Sayid e Hurley) aparecen precisamente en 1977, xunto cos seus antigos amigos, mentres que Sun (que vai na procura de Jin, que se atopa no pasado) continua en 2008.

Logo disto pasamos a unha segunda parte diferenciada, onde os novos chegados a 1977 tratan de convencer aos acomodados nese época para volver ao presente (por medio dun método que non parece moi fiable e que lles pode custar a vida), mentres que Sun, un resucitado Locke, Benjamin Linus e os Outros saen á procura de Jacob segundo semella para matalo.

Remove ads

Elenco

Remove ads

Lista de episodios

Máis información #, Título ...
Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads