Lucio Calpurnio Pisón Cesonino (cónsul 148 a. C.)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Lucio Calpurnio Pisón Cesonino (en latín, L. Calpurnius C. f. C. n. Piso Caesoninus)[1][2] foi un político e militar romano do século II a.C. pertencente á gens Calpurnia.
Remove ads
Traxectoria
Familia
Pisón foi membro dos Calpurnios Pisones, a máis notable familia da gens Calpurnia, e fillo de Caio Calpurnio Pisón.[3] Friedrich Münzer supuxo polo segundo cognomen de Pisón que foi en realidade un Cesonio adoptado por Caio Calpurnio.[1] Foi irmán de Quinto Calpurnio Pisón e pai do seu homónimo Lucio Calpurnio Pisón Cesonino.[4]
Carreira pública
Obtivo a pretura no ano 154 a.C.[5] e foi destinado á Hispania Ulterior onde, en loita contra os lusitanos, foi derrotado por Púnico.[6]
Foi elixido cónsul no ano 148 a.C.[7] e foi enviado para conducir a guerra contra Cartago durante a Terceira guerra púnica, mais a dirixiu tan descoidadamente que foi derrotado polos habitantes das cidades de Clupea e de Hipona (ou Hippo Regius); e con tan pouca actividade que o pobo manifestou o seu descontento e, no ano seguinte, o mando pasou a Escipión Emiliano.[2][8]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads