Luis Martínez Montero
futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Luis Martínez Montero, coñecido como "Manín", nado na Coruña o 6 de xuño de 1934, é un exfutbolista galego. Xogaba de defensa e centrocampista, e militou case toda a súa carreira no Deportivo da Coruña, co que logrou dous ascensos á Primeira División.
Remove ads
Traxectoria
Tras iniciarse no Victoria, fichou en 1953 polo Deportivo da Coruña. Nas súas dúas primeiras tempadas no club, foi cedido ao Xuvenil, logrando na primeira delas o ascenso á Segunda División,[1] e debutando na categoría de prata na seguinte (1954/55). Esa mesma tempada disputou o seu primeiro partido oficial co Deportivo, nun enfrontamento de Copa contra o FC Barcelona de Luis Suárez.
Na tempada 1955–56 debutou co Deportivo en Primeira División. Nesta campaña participou en 6 partidos, nun ano no que o equipo coruñés tivo 3 adestradores: Rodrigo García Vizoso, Pahiño e Ángel Zubieta. En 1956 fichou polo Burgos xunto a outros tres coruñeses: Losada, Regueira e Lexo.[2] Despois dunha tempada no club burgalés, regresou ao Deportivo, onde acabou por facerse coa titularidade, principalmente a partir da tempada 1958/59. Formou parte do equipo branquiazul até a campaña 1963–64, logrando novamente o ascenso a Primeira División. Aínda que xogaba como defensa ou centrocampista conseguiu boas cifras anotadoras, con 30 goles oficiais no seu paso polo Deportivo.
Antes de retirarse xogou a tempada 1964/65 no Compostela.
Remove ads
Palmarés
Deportivo da Coruña
- Segunda división (2): 1961/62, 1963/64.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads