Luis Vaccaro

futbolista arxentino From Wikipedia, the free encyclopedia

Luis Vaccaro
Remove ads

Luis Pedro Vaccaro, nado o 6 de novembro de 1898 en Buenos Aires, foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de centrocampista.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Comezou a súa carreira futbolística no San Lorenzo, debutando o 10 de abril de 1921. En 1923 foi traspasado ao Argentinos Juniors.

No ano 1925 foi cedido ao Boca Juniors para competir na xira que o equipo xeneize realizou por Europa ese ano. Nesta xira disputou 15 encontros, todos de titular.

Ao seu regreso de Europa competiu en dous campionatos nacionais paralelos, un con Argentinos Juniors e outro con San Lorenzo co que disputou un encontro.

Tamén viviu a primeira tempada oficial da Liga Arxentina de Fútbol, na que se abandonaron definitivamente os equipos afeccionados.

Coa Selección de fútbol da Arxentina debutou o 30 de setembro de 1923 en Montevideo ante Uruguai. Con ela xogou un total de 17 encontros e proclamouse campión da Copa América de 1925, celebrada na Arxentina.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads