Mámoa do Rei (Redondela)
dolmen en Trasmañó, Redondela From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Mámoa do Rei é unha mámoa pertencente ao complexo arqueolóxico de Monte Penide, na parroquia de Trasmañó ou na de Negros[1] (Redondela).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Mámoa do Rei.
Remove ads
Características
A mámoa posúe planta poligonal orientada cara ao leste e conserva seis ortóstatos ou lousas que forman no seu interior unha cámara. O túmulo de terra é dun diámetro de 15 metros e uns 2,5 de altura.[2]
O estado de conservación está alterado por mor de causas humanas, coma estradas asfaltadas ou postes telefónicos. Ademais, existen diversas raposeiras e vexetación propia do bosque que altera o túmulo. No seu interior foron atopados restos arqueolóxicos prehistóricos, coma cerámicas, ferramentas de pedra, punta de frecha de sílex e outros enxovais.[3].
O túmulo era coñecido desde a década de 1950 tras as prospeccións realizadas por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza. Despois, a mámoa sufriu abandono e deterioración, conservando só algúns dos esteos in situ. No verán do 2001, unha intervención arqueolóxica reconstruíu o monumento, reintegrando a lousa que cobre a cámara, partida en dous, ademais de recuperar diversos materiais cerámicos e líticos.
Na actualidade está catalogada coma Ben de Interese Cultural.[4].
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads