Mártir
persoa que sofre persecución ou morte por defender a súa relixión ou os seus ideais From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Denomínase mártir (do grego «μάρτυρας», «testemuña») á persoa morta na defensa dalgunha causa, co que dá «testemuño» da súa fe nela.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Martirio.

No cristianismo
No mundo occidental de tradición cristiá, a palabra ten historicamente connotacións relixiosas, pois se considerou que un mártir era unha persoa que morría pola súa fe relixiosa, e en moitos casos era torturada ata a morte.
Os mártires cristiáns dos tres primeiros séculos despois de Cristo eran asasinados polas súas conviccións relixiosas (ás veces eran crucificados como Cristo) do mesmo xeito que os prisioneiros políticos romanos ou guindados aos leóns nun espectáculo circense.[Cómpre referencia] Con todo, algúns historiadores da Igrexa, por exemplo John Fletcher e Alfonso Ropero afirman que houbo máis mártires cristiáns no século XX que no conxunto dos dezanove séculos anteriores.[1]
En moitas ocasións levántanse edificacións relixiosas posteriores alí onde se produciu un martirio cristián.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads