Máscara

From Wikipedia, the free encyclopedia

Máscara
Remove ads

Unha máscara (ás veces denominada respirador que non debe confundirse co ventilador mecánico) é un dispositivo deseñado para protexer o portador da inhalación de atmosferas perigosas, incluíndo fumes, vapores, gases e partículas en suspensión coma pos e microorganismos -bacterias e virus- aerotransportados así como para protexer aos demais cando o portador pode contaxiar algunha doenza.

Thumb
Máscara FFP2, un dos tipos de máscara protectora autofiltrante.
Thumb
Unha máscara facial de filtrado N95.
Thumb
Unha máscara de purificación do ar elastomérica de media cara. Esta clase de máscara é reutilizábel, se os filtros substitúense periodicamente.
Thumb
Máscara cirúrxica simple.
Remove ads

Tipos segundo a orixe do ar

Hai dúas categorías principais nas máscaras:

  • Máscara purificadora do ar, na que o ar respirábel obtense mediante a filtración dunha atmosfera exterior contaminada -po, virus, bacterias, elementos químicos- ou para evitar que o que porta a máscara contamine a atmosfera exterior e poida contaxiar. Existe unha gama que vai desde as máscaras faciais de face ou media face relativamente económicas dun só uso, desbotábeis, ás veces denominadas como máscara antipo ou máscara FFP1), a máscaras protectora de maior seguridade fronte a elementos químicos e biolóxicos (máscara FFP2, máscara FFP3 e máscara N95) aos máis robustos modelos reutilizábeis con cartuchos reemprazábeis, a miúdo chamadas máscaras antigás.
  • Máscara con subministración de ar, nas que se proporciona unha subministración mediante condución desde bombonas con osíxeno ou ar respirábel desde unha localización que garanta a súa calidade -ventilador mecánico de unidades de coidados intensivos, laboratorios biolóxicos, submarinismo, bombeiros, etc.-.

As máscaras teñen unha peza facial que se axusta e suxeita á cabeza mediante fitas, arnés de tea, ou algún outro método.

Remove ads

Tipos segundo o seu uso e nivel de protección

Máscara cirúrxica

Artigo principal: Máscara cirúrxica.

A máscara cirúrxica é un tipo de máscara autofiltrante utilizada por persoal médico e sanitario para conter bacterias provenientes do nariz e da boca. As máscaras cirúrxicas tamén as utilizan civís en espazos públicos ante gromos ou epidemias de doenzas transmitidas por vía respiratoria, ou ben cando o ar dun determinado local está contaminado.[1]

Tipos de máscaras segundo normas europeas - FFP

Artigos principais: Máscara FFP1, Máscara FFP2 e Máscara FFP3.

A norma europea EN 149 chama ás máscaras "pezas de filtrado facial" (filtering face pieces, FFP) en tres categorías segundo a súa capacidade de filtrado e polo tanto de protección:

Máis información Clase, Límite de penetración do filtro (a 95 l./min de fluxo de ar) ...

Tipos de máscaras segundo normas estadounidenses - N

Nos Estados Unidos o Instituto Nacional para a Seguridade e Saúde Ocupacional definiu en 2011 os seguintes tipos de filtros de partículas:[2]

Máis información Resistencia ao óleo, Clasificación ...

Máscaras hixiénicas fronte ao SARS-CoV-2

Artigo principal: Máscara hixiénica.

Durante a pandemia de enfermidade por coronavirus de 2019-2020 (COVID-19) e o seu espallamento a practicamente todos os países do mundo, produciuse unha escaseza xeneralizada de máscaras ante a necesidade do seu uso para evitar contaxiar e ser contaxiado. Ante esta situación xurdiron propostas individuais, empresariais e estatais para a confección das denominadas como máscaras hixiénicas, que sen cumprir as normas esixidas para as máscaras cirúrxicas e de protección (máscaras cirúrxicas, máscara N95, FFP2 e FFP3) podían cumprír unha función hixiénica e evitar tanto contaxiar e como ser contaxiado.

Os Centros para o Control e a Prevención de doenzas dos Estados Unidos publicaron un padrón de máscaras caseiras sen costuras usando un pano e un filtro de café, así como un vídeo sobre como facer máscaras con bandas de goma e teas dobradas que se atopan en casa. Os científicos de todo o país encargáronse de identificar os materiais cotiáns que fan un mellor traballo ao filtrar partículas microscópicas. En probas recentes, os filtros de forno HEPA obtiveron bos resultados, do mesmo xeito que as bolsas de aspirador, as capas de fundas de almofada de 600 unidades e a tea similar ao pixama de flanela. Os filtros de café apiados tiveron puntuacións medias. As bufandas e o material de panos tiveron as puntucións máis baixas, pero aínda así apañaron unha pequena porcentaxe de partículas.[3]

En España e outros países xurdiron iniciativas conxuntas cidadás, privadas e públicas para a confección e homologación de máscaras hixiénicas que podían cumprir a función de protección fronte ao SARS-CoV-2.[4][5][6][7][8]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads