Mérida Unión Deportiva

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Mérida Unión Deportiva foi un club de fútbol de España, da cidade de Mérida, en Estremadura. Foi fundado en 1990 e foi o sucesor do Club Polideportivo Mérida, do que era filial. Desapareceu en 2013 e os seus dereitos foron adquiridos polo Mérida Asociación Deportiva.

Datos rápidos Nome, Alcume(s) ...
Remove ads

Historia

É o sucesor do histórico Club Polideportivo Mérida fundado o 28 de decembro de 1912. O 31 de agosto de 2000 este club desapareceu, tomando a substitución o seu filial fundado en 1990, o Mérida Promesas, que pasou a chamarse Mérida Unión Deportiva.

O Mérida tomou a substitución e o 16 de xuño de 2001 subiu a Segunda B ao gañar 3-0 ao Torredonjimeno con goles de Ramírez, Juanjo e Santi e con Jorge Gruart na presidencia. Na tempada 01-02 xogou a fase de ascenso a Segunda, sendo eliminado pola SD Compostela. Tras outro descenso a Terceira División na tempada 03-04, toma as rendas do club José Fouto Galván e o Mérida conseguiu o ascenso á Segunda na tempada 04-05. A tempada 07-08 xogou a Fase de ascenso a Segunda, sendo eliminado pola SD Ponferradina.

O club descendeu administrativamente á Terceira División no verán do 2009 por falta de pagamentos aos seus xogadores e tomou as rendas unha Xunta Xestora liderada por Antonio Higuero.

Desapareceu en 2013 e os seus dereitos foron adquiridos polo Mérida Asociación Deportiva.

Remove ads

Estadio

Artigo principal: Estadio Romano.

Datos do club

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 7
  • Tempadas en : 15
  • Tempadas en Rexional: 1
  • Mellor posto en Segunda B: 4º (tempadas: 2001-02 e 2007-08)
  • Peor posto en Segunda B: 18º (tempada 2003-04)

Xogadores 2009/10

Máis información Nº, Posto ...
Remove ads

Palmarés

Torneos nacionais

Torneos rexionais

Filial

O club ten un equipo filial en Primeira Rexional de Estremadura, o Mérida Club de Fútbol. O Mérida CF ademais xestiona varios equipos de canteira, desde escola de iniciación ata xuvenís, e conta con varias escuadras xogando competicións rexionais en categorías inferiores. A súa canteira é unha das mellores de Estremadura, destacando os infantís, os cadetes e os xuvenís.

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads