Músculo extensor radial longo do carpo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O músculo extensor radial longo do carpo ou primeiro radial externo é un músculo do membro superior humano situado no compartimento posterior do antebrazo. Vai dende o úmero ata o segundo metacarpiano.

Orixe e insercións
A súa orixe áchase na zona distal da crista supracondílea e no epicóndilo lateral do úmero. O seu tendón insírese na base do segundo metacarpiano.
Función
Estende e abduce o pulso.
Innervación
Nervio radial, antes de que este se divida nunha póla superficial e noutra fonda.
Vascularización
É vascularizado pola arteria radial.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.