Músculo pronador redondo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O músculo pronador redondo é un músculo do membro superior humano situado na rexión anterior do antebrazo.

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...
Remove ads

Orixe e insercións

A súa orixe áchase no epicóndilo medial do úmero e na crista supracondílea do mesmo óso. Algunhas febras parten do bordo medial da apófise coronoide do cúbito. A inserción caudal localízase na superficie lateral da diáfise radial.

Función

A principal función do pronador redondo é a pronación do antebrazo, xirando a man cara a atrás, aínda que tamén realiza unha pequena flexión do cóbado ou axuda a flexionalo cando exista unha forte resistencia.

Innervación

É innervado polo nervio mediano.

Vascularización

Recibe pólas da arteria radial e da arteria cubital.

Galería de imaxes

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads