MASP2

From Wikipedia, the free encyclopedia

MASP2
Remove ads

A serina protease da lectina que se une ao manano 2, tamén chamada serina protease asociada á proteína que se une á manosa 2 (MASP-2) é un encima que nos humanos está codificado no xene MASP2 do cromosoma 1.[1][2][3]

Datos rápidos Estruturas dispoñibles, PDB ...
Remove ads

Función

Este xene codifica un membro da familia S1 de peptidases de serina proteases. A preproteína codificada é procesada proteoliticamente para xerar as cadeas A e B que se heterodimerizan para formar a protease madura. Esta protease cliva os compoñentes C2 e C4 para xerar a convertase de C3 da vía da lectina do sistema do complemento. A protease tamén exerce un papel na fervenza de coagulación do sangue ao clivar a protrombina para formar trombina.[1]

A proteína MASP-2 intervén no sistema do complemento. MASP-2 é moi similar á molécula da vía clásica do complemento C1s, e pénsase que teñen en común un antepasado evolutivo. Cando as cabezas que recoñecen carbohidratos da MBL se unen a residuos especificamente dispostos de manosa da superficie do patóxeno, MASP-2 é activada e empeza a clivar os compoñentes do complemento C4 e C2 dando C4a, C4b, C2a e C2b. O complexo C4bC2a é a convertase de C3.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads