Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts

From Wikipedia, the free encyclopedia

Instituto de Tecnoloxía de Massachusettsmap
Remove ads

O Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (en inglés: Massachusetts Institute of Technology) ou simplemente MIT- considérase como a institución máis prestixiosa do mundo no referente á educación científica e tecnolóxica. O MIT está situado na cidade de Cambridge no estado de Massachusetts, preto de Boston, nos Estados Unidos.

Datos rápidos Tipo, Lingua usada ...
Remove ads

Historia

O Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts foi fundado no 1861 polo xeólogo William Barton Rogers que desexaba crear un novo tipo de institución educativa independente dedicada á crecente industrialización dos Estados Unidos.

A apertura do instituto foi atrasada pola Guerra Civil nos Estados Unidos, e acolleu aos seus primeiros estudantes no 1865. Nos seguintes anos, estableceu unha reputación de primeira nas ciencias e enxeñería, pero caeu en dificultades económicas. Estes dous factores facían parecer favorable a idea de fusionala coa Universidade Harvard, que tiña moitos cartos, pero tiña carencias en ciencias comparadas cás letras e artes liberais. No 1904 o presidente Henry S. Pritchett reuniuse con Charles W. Eliot, presidente de Harvard para levar a cabo a fusión. Pero finalmente as protestas dos alumnos fixeron que se cancelase. No 1916, o MIT moveuse ó longo do río desde a súa localización en Boston’s Back Bay ata a súa posición actual en Cambridge, Massachusetts.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads