Mars Polar Lander
Sonda de aterraxe marciana da NASA. From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Mars Polar Lander, tamén coñecida polo seu acrónimo MPL, foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 3 de xaneiro de 1999 mediante un foguete Delta 7925 desde o centro espacial de Cabo Cañaveral para estudar Marte desde a superficie. O contacto coa sonda perdeuse pouco antes da súa aterraxe.[1][2][3]
Remove ads
Características
Mars Polar Lander foi parte do proxecto Mars Surveyor '98, que consistía nun orbitador (Mars Surveyor '98 Orbiter, logo coñecido como Mars Climate Orbiter) e nun aterrizador (Mars Surveyor '98 Lander, a propia Mars Polar Lander). O proxecto pretendía estudar a meteoroloxía marciana e o ciclo da auga e do dióxido de carbono en Marte.[1][2][3]
Mars Polar Lander debería ter aterrizado na zona polar sur do planeta, a menos de 1000 km do polo e cerca da capa polar de dióxido de carbono. A telemetría da nave perdeuse pouco antes da entrada atmosférica, o 3 de decembro de 1999, por causas descoñecidas, e xamais foi recuperada. Mars Polar Lander levaba acaroadas dúas pequenas subsondas, denominadas conxuntamente Deep Space 2, que deberían ter sido exectadas durante o descenso e penetrado na superficie marciana para recoller datos científicos, e que tampouco se comunicaron coa Terra.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads