MacGyver

From Wikipedia, the free encyclopedia

MacGyver
Remove ads

MacGyver é unha serie de televisión estadounidense cuxo protagonista é o personaxe homónimo interpretado por Richard Dean Anderson, un personaxe que se vale da súa destreza intelectual para resolver situacións complicadas.

Datos rápidos Autoría, Temática ...
Remove ads

Historia

A serie comezou en 1985 e durou 7 anos no aire. Emitiuse orixinalmente na cadea estadounidense ABC. Actualmente os dereitos posúeos a CBS.

A sona de MacGyver vén da súa habilidade para improvisar calquera dispositivo con elementos simples e en grao sumo variados: gomas de mascar, clips, chisqueiros, pneumáticos etc., e a súa inseparable navalla suíza. É un axente secreto cuxa arma máis perigosa é a súa intelixencia. Con tan só a súa mochila repleta de diversos obxectos normais e correntes, sempre é capaz de fabricar toda clase de elementos e de escapar de todos os perigos que se topan no seu camiño, tanto nas súas diversas misións como na súa vida cotiá. Ten parte de boy scout e outra parte de xenio. Nunca usa armas de fogo e sempre evita matar a ninguén.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads