Macapá
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Macapá é a capital e o maior concello do Estado brasileiro do Amapá. É a única capital de estado brasileira que non ten ligazón por estrada con outras capitais de estado. Está a 345 km de Belém do Pará, percorridos en 40 minutos de avión ou de 20 a 24 horas de barco, nas liñas regulares que funcionan na rexión. Sitúase á marxe do brazo máis curto do río Amazonas no seu acceso ao mar.
A orixe da toponimia é indíxena, do ramo lingüístico tupí, sendo unha corruptela do termo macapaba, que significa "lugar das bacabas, unha palmeira nativa da rexión. O primeiro nome da rexión, porén, en 1544, foi Adelantado de Nueva Andaluzia, dado polos españois. Pero a cidade orixinouse soamente despois da construción do Fortaleza de São José no século XVIII, para defender o acceso ao río Amazonas cando aquela rexión xa pertencía a Portugal. Algunhas construcións daquel século aínda permanecen na cidade.
O sur da cidade é atravesado pola Liña do Ecuador. As principais actividades económicas da cidade son o comercio e os servizos. A industria creceu un pouco coa creación da Área de Livre Comércio de Macapá. O turismo ten gran potencial pola proximidade da Amazonia e ten unha boa infraestrutura, pero a distancia das grandes cidades brasileiras dificulta un crecemento moi acentuado desa actividade.
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Macapá ![]() |
Ligazóns externas
- Prefeitura da Cidade de Macapá
- Cidade de Macapá informacións
- Diário do Amapá xornal da cidade.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads