Magadan

From Wikipedia, the free encyclopedia

Magadanmap
Remove ads

Magadan é unha cidade portuaria no mar de Okhotsk, centro administrativo do oblast de Magadan, Rusia, ten o status de cidade desde 1939. A súa superficie é de 180 km², a poboación de 107.500 (2006) e a densidade de poboación de 597.2 h/km². Conta con dous aeroportos, o internacional Aeroporto de Sokol e o pequeno aeroporto Magadan 13. A construción naval e a pesca son as principais actividades económicas da cidade, o porto permanece libre de xeo de maio a decembro.

Datos rápidos Localización, Capital de ...

Magadan fundouna Eduard Berzin, primeiro director de Dalstroi, en 1933 na localización dun antigo asentamento de comezos de século para que servira como porto exportador do ouro e outros minerais da rexión de Kolima, situada nunha zona moi illada, a cidade máis próxima, Jakutsk, está a 2200 km de estrada non asfaltada. Durante o stalinismo a cidade foi un centro de paso de prisioneiros enviados os gulags e a autoestrada que leva á rexión das minas de ouro coñécese como a estrada dos ósos, debido aos prisioneiros que morreron durante a súa construción.

O clima é subártico, os invernos son longos e fríos, con só seis meses por riba dos 0º. A paisaxe da rexión é o xeo e a tundra, as temperaturas oscilan entre os -22 °C en xaneiro ata os 12 °C en xullo.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads