Magnesio

elemento químico de símbolo Mg e número atómico 12 From Wikipedia, the free encyclopedia

Magnesio
Remove ads

O magnesio é o elemento químico de símbolo Mg e número atómico 12. É o sétimo elemento en abundancia constituíndo da orde do 2% da cortiza terrestre e o terceiro máis abundante disolto na auga de mar. Emprégase primordialmente como elemento de aliaxe.

Datos rápidos Información xeral, Propiedades atómicas ...
Remove ads

Principais características

O magnesio é un metal bastante resistente e lixeiro, un 30% máis lixeiro có aluminio, de cor prateada que perde o brillo cando se expón ao aire. Pulverizado inflámase cando se expón ao aire ardendo cunha chama branca. En anacos maiores é difícil que se inflame pero pode suceder se se curta en láminas delgadas, polo que no mecanizado as labras han de manexarse con precaución.

Aplicacións

Thumb
Obxectos de magnesio.

Os compostos de magnesio, principalmente o seu óxido, úsanse como material refractario en fornos para a produción de ferro e aceiro, metais non férreos, cristal e cemento, así como en agricultura e industrias química e de construción.

O uso principal do metal é como elemento de aliaxe do aluminio, empregándose as aliaxes aluminio-magnesio en envases de bebidas. As aliaxes de magnesio, especialmente magnesio-aluminio, empréganse en compoñentes de automóbiles, como lamias, e en maquinaria diversa. O metal ademais, adiciónase para eliminar o xofre do aceiro e o ferro. Outros usos son:

  • Aditivo en propelentes convencionais.
  • Obtención de fundición nodular (ferro-silicio-Mg) xa que é un axente esfirilizante/nodulizante do grafito.
  • Axente redutor na obtención de uranio e outros metais a partir das súas sales.
  • O hidróxido (leite de magnesia), o cloruro, o sulfato (sales Epsom) e o citrato empréganse en medicina.
  • O po de carbonato de magnesio (MgCOu3) é utilizado polos atletas como ximnastas e levantadores de peso para mellorar o agarre dos obxectos.
  • Outros usos inclúen flashes fotográficos, pirotecnia e bombas incendiarias.
Remove ads

Papel biolóxico

O magnesio é importante para a vida, tanto animal como vexetal. A clorofila é unha substancia complexa de porfirina-magnesio que intervén na fotosíntese.

É un elemento químico esencial para o home; a maior parte do magnesio atópase nos ósos e os seus ións desempeñan papeis de importancia na actividade de moitas coenzimas e en reaccións que dependen do ATP. Tamén exerce un papel estrutural, o ión de Mg2 ten unha función estabilizadora da estrutura de cadeas de ADN e ARN.

En función do peso e a altura, a cantidade diaria recomendada é de 300–350 mg, cantidade que pode obterse doadamente xa que se atopa na maioría dos alimentos, sendo as follas verdes das hortalizas especialmente ricas en magnesio.

Historia

O nome procede de magnesia, que en grego designaba unha rexión de Tesalia. O inglés Joseph Black, recoñeceu o magnesio como un elemento químico en 1755, en 1808 Sir Humphrey Davey obtivo metal puro mediante electrólise dunha mestura de magnesia e HgOu.

Abundancia e obtención

O magnesio é o sétimo elemento máis abundante na codia terrestre, así a todo non se atopa libre, aínda que entra na composición de máis de 60 minerais, sendo os máis importantes industrialmente os depósitos de dolomía, magnesita, brucita, carnalita e olivino.

Nos EEUU o metal obtense principalmente por electrólise do cloruro de magnesio, método que xa empregara Bunsen, obtido de salmoiras e auga de mar.

Remove ads

Isótopos

O magnesio-26 é un isótopo estable que se emprega na datación xeolóxica, do mesmo xeito có aluminio-26, do que é fillo. Nas inclusións ricas en calcio e aluminio (CAI en inglés) dalgúns meteoritos, os obxectos máis antigos do sistema solar, atopáronse cantidades de Mg-26 maiores das esperadas que se atribúen ao decaemento do Al-26. Estes obxectos, cando se desprenderon en etapas temperás da formación dos planetas e asteroides non sufriron os procesos xeolóxicos que fan desaparecer as estruturas condríticas (formadas a partir das inclusións) e xa que logo gardan información sobre a idade do sistema solar.

Nos estudos comparáronse os cocientes Mg-26/Mg-24 e Al-27/Mg-24, para determinar así, de forma indirecta, a relación Al-26/Al-27 inicial da mostra no momento en que esta se separou das rexións de po da nébula presolar a partir da que se formou o noso sistema solar.

Remove ads

Precaucións

O magnesio é extremadamente inflamable, especialmente se está pulverizado. Reacciona exotérmica e rapidamente en contacto có aire ou a auga, polo que debe manipularse con precaución. O lume, de producirse, non se debe intentar apagar con auga.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads