Maison Carrée

templo romano en Nîmes (Francia) From Wikipedia, the free encyclopedia

Maison Carréemap
Remove ads

A Maison Carrée é un templo romano, un dos templos antigos mellor conservados, que se encontra sito en Nîmes (a antiga Nemausus), na Occitania, país de Francia meridional.

Datos rápidos Tipo, Parte de ...
Thumb
Maison Carrée en 1958.

Foi construído entre o 19 e o 16 a.C. por Marco Vipsanio Agripa, aínda que hai autores que o datan concretametne entre o 2 e o 5 da nosa era[1].Foi dedicado aos fillos do mesmo Agripa e de Xulia, filla de Augusto: Gaio e Lucio César, mortos ambos aínda novos. O texto da inscrición dedicada foi reconstruído polo erudito local Jean-François Séguier, en 1758, a partir dos furados deixados polas letras de bronce orixinais; dicía : "A Gaio César, fillo de Augusto, cónsul; a Lucio César, fillo de Augusto, cónsul designado; príncipes da mocidade".

O templo debe o seu óptimo estado de conservación ao feito de haber sido reutilizado como igrexa cristiá no século IV. Pasou por varios usos durante toda a súa historia o que comportou grandes transformacións: foi sede de diversas institucións públicas cidadás; de novo, en 1691, os monxes agostiños reciben a Maison como doazón, e instalan a súa igrexa; foi mesmo corte de gando durante a Revolución francesa; finalmente, de 1819 a 1825, foi restaurada para se converter, desde 1823, nun museo que, hoxe en día, alberga exposicións temporais[2].

O seu nome en francés, é adoptado no século XVI, e significa literalmente "Casa cadrada", debido a que, no francés arcaico, empregábase o termo carré co significado de "cuadrangular", é dicir con aspecto de "rectángulo", con clara alusión á planta do edificio[1].

Remove ads

Características

Thumb

Pese ás súas dimensións (mide 13,54 metros de largo e 26,42 metros de longo e 17 m de alto), este pequeno templo romano, alzado sobre un elevado podio, de 2,85 m de altura, dominaba a zona sur do foro, corazón económico e administrativo da antiga Nemausus.

É un templo pseudoperíptero hexástilo, con pronao particularmente profundo (cerca dun terzo da lonxitude total da edificación). Presenta seis columnas na fachada (de aí hexástilo) e tres columnas libres nos lados, que continúan con oito semicolumnas laterais e na traseira da cella. Un pórtico, do que aínda se poden observar as bases das columnas, arrodeaba a Maison Carrée, estendíase cara ao Norte e marcaba o lugar do foro nemausiano. Accedíase ao podio por unha escalinata de 15 chanzos, reconstruída con algúns restos antigos conservados. No fronstipicio figuraba unha antiga inscrición reconstruída en 1835 (ver arriba).
A súa arquitectura estaba inspirada na do templo de Apolo en Roma, como o testemuñan as súas dimensións, con manifesta influencia grega. Sostense sobre columnas, con fuste acanalado e capiteis corintios, con cornixa, apoiada sobre ménsulas, que abriga un friso historiado en tres dos lados.

No interior a cella está revestida con letras de mármore.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads