Bartolo Ushigua
presidente e voceiro da asociación da nación sápara From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Bartolo Ushigua, cuxo nome sápara é Manari, nado en Llanchamacocha[1] é o presidente e voceiro da asociación Naku da nación sápara,[2] pobo orixinario da provincia de Pastaza en Ecuador, que vive á beira do río Conambo. Foi vicepresidente da Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador.
Remove ads
Traxectoria
Bartolo Ushigua é fillo de Blas, o último dos xamáns sáparas dunha comunidade de 115 persoas, e de Mucutsawa, fundadora de Llanchamacocha.[3] O seu nome en sápara, Manari, é o nome dun lagarto do bosque. O estado ecuatoriano esixe que os indíxenas teñan nomes españois para inscribirse no rexistro civil e é por iso que leva o nome de Bartolo Ushigua.[4]
Os sáparas viven ao longo dos ríos Conambo e Pindoyacu e no alto Curaray en Ecuador, e ao longo do Tigris no Perú. No seu día posuían un territorio moito máis amplo que se estendía (entre os séculos XVIII e XIX) dende os ríos Pastaza ata Curaray e dende os contrafortes andinos ata a fronteira peruana.[5]
O nome sáparo vén da cesta feita de vides partidas en dous e dúas veces tecidas, entre as que se colocan follas impermeables, e unha tapa traballada do mesmo xeito, que os sáparos empregan para poñer a roupa e outras cousas secas.[6] Eles chámanse a si mesmo káyapwö.[7] A súa cultura e lingua foron declaradas Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola UNESCO en 2001. A súa poboación estímase nunhas 250 persoas en Ecuador e no Perú.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
