Mandriva Linux

From Wikipedia, the free encyclopedia

Mandriva Linux
Remove ads

Mandriva Linux, antes chamada Mandrake Linux, é unha das principais distribucións Linux da actualidade e é creada por Mandriva, antiga Mandrakesoft. Está enfocada a usuarios da informática principiantes ou con coñecementos medios.

Datos rápidos Instancia de, Obra derivada ...
Remove ads

Historia e características

Nacida a partir de Red Hat Linux 5.1 engadiu o escritorio KDE e comezou o seu propio camiño incluíndo ferramentas propias e modificadas dirixidas á facilitar a modificación do sistema; máis logo refúndase coma Mandriva Linux no ano 1998 o se fusionar esta, Mandrake Linux, coa brasileira Conectiva Linux.

A empresa francesa Mandriva adícase á distribución e soporte do sistema operativo Mandriva Linux e ten a súa sede administrativa nun centro de desenvolvemento de París e un centro de desenvolvemento de Curitiba no Brasil. O laboratorio brasileiro recibe o nome de Mandriva Conectiva. Ademais destes dous centros, Mandriva conta cun terceiro nos EEUU, en San Diego. Ademais da propia corporación, Mandriva conta cunha boa cantidade de voluntarios de todo o mundo que contribúen desenvolvendo, informando de erros, prestando axuda ou traducindo. No ano 2005 Mandriva adquiriu activos de Lycoris, responsable da distribución homónima dos EEUU.

Mandriva Linux é software libre distribuído baixo a licenza GPL. Pode ser instalada ou probada dende un Live CD e ofrece os escritorios KDE, GNOME, LXDE e Xfce.

Remove ads

Galería

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads