Manuel Machado (compositor)
compositor portugués From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Manuel Machado nado en Lisboa contra 1590 e finado en Madrid en 1646, foi un compositor e arpista portugués.
Traxectoria
Manuel Machado estudou na Academia de Lisboa, Claustra Catedral, co compositor Duarte Lobo. Nesa época Portugal estaba baixo dominio do Imperio Español, e en 1610 marchou á corte real en Madrid, converténdose en músico da Capela Real, onde o seu pai Lopes Machado era harpista. En 1639 tornouse músico no palacio de Filipe IV de España e en 1642 foi recompensado "polos seus longos anos de servizo".
Remove ads
Obra
Manuel Machado compuxo principalmente cantigas e romances polifónicos nun estilo barroco, poucas das súas obras sobreviviran (a maior parte delas foron destruídas durante o terremoto de 1755). Todas as letras son en castelán, a lingua de influencia da época, e están caracterizadas por unha grande habilidade na utilización flexíbel do metro e da harmonía para reflectir o contido dos poemas. As súas composicións máis coñecidas encontranse en cánticos do seu tempo, tales como o Cancionero de la Sablonara, o que indica que probabelmente gozaba de gran popularidade.
Remove ads
Gravacións
As seguintes gravacións inclúen obras de Manuel Machado:
Véxase tamén
Bibliografía
- Enciclopédia Verbo Luso-Brasileira de Cultura, ed. Verbo, Lisbon/São Paulo, 1998
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads