Manuel Piñeiro Jáuregui

futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Manuel Piñeiro Jáuregui, nado en Moaña o 19 de marzo de 1906, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de defensa.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Comezou xogando no Alondras CF de onde o fichou o Celta de Vigo para disputar o Campionato galego de 1930, título que gañou o club sen moitos problemas.

Na tempada 1931/32 o Celta disputou a Copa de España, onde caeu eliminado en Semifinais ante o FC Barcelona. Na tempada 1935/36 o equipo acadou o primeiro ascenso a Primeira División da súa historia. Porén tiveron que agardar para debutar xa que o 18 de xullo de 1936 o exército protagoniza un golpe de estado contra o goberno da República que desemboca na Guerra Civil Española. A liga retomouse en 1939 co Celta en Primeira División. Manuel Piñeiro debutou o 11 de febreiro de 1940 e xogou 11 encontros esa tempada, a última como futbolista profesional.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads