Marsileáceas

familia de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia

Marsileáceas
Remove ads

A das marsileáceas (Marsileaceae) é unha familia de pteridófitas da clase das polipodiópsidas unha das dúas integradas na orde das salviniales.[1]

Máis información Clasificación científica, Xéneros ...
Remove ads

Taxonomía

Descrición

A familia foi descrita en 1802 polo botánico francés Charles-François Brisseau de Mirbel, nun traballo publicado en Hist. Nat. Vég. 5: 126.[2]

Xéneros

A familia comprende os seguintes xéneros:[2][3][4]

Características

Thumb
Pilularia globulifera

Son plantas acuáticas ou anfibias, rizomatosas, con talos que crecen na superficie do solo ou son subterráneos.
O talo principal é longo, arrástrase polo chan e dá lugar a brotes longos ou curtos só nos nós, con pelos adheridos lateralmente, multicelulares.
As raíces xorden nos nós e tamén ao longo dos entrenós.
Os frondes son dísticos, con pecíolos longos, ás veces filiformes e sen láminas expandidas.
Os soros aparecen dentro de corpos duros, esféricos ou reniformes, denominados esporocarpos, que xorden en talos curtos cerca ou na base dos pecíolos.
Os esporanxios son de dou tipos, e nacen dentro do mesmo soro e esporocarpo; o macrosporanxio contén unha soa macróspora; os microsporanxios conteñen de 20 a 64 micrósporas.
Os gametófitos quedan dentro das esporas; os microgametófitos están formados só por unhas poucas células; os megagametófitos sobresaen das esporas, cada un con cadanseu arquegonio simple.[2]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads