Martorell
concello da provincia de Barcelona From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Martorell é un municipio da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, comunidade autónoma de Cataluña, España. Situado á beira do Llobregat, é un importante nó de comunicacións.
Remove ads
Xeografía

Situado no norte da comarca do Baix Llobregat, onde transcorre o paso de dous ríos, o Llobregat, na parte leste do termo municipal, e o río Anoia, afluente do anterior. O municipio, ten unha extensión de 12,84 km².
Martorell divídese, debido ao curso do río Anoia, en dúas grandes zonas. A zona sur, aglutina os barrios de la Mina, la Vila, Pont del Diable, Rosanes e Portal d'Anoia. Na zona alta, podemos atopar os barrios de El Pla, Torrent de Llops, Bos Aires, Camí Fondo, Can Cases, Can Carreiras, Pou del Merli, e o barrio das Bobilas.
O barrio da Vila ten especial importancia xa que este barrio pertence ao núcleo histórico de Martorell.
Remove ads
Demografía
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
1.825 | 5.054 | 6.860 | 24.213 | 33.456 | 39.220 | 45.190 |
Economía
A pesar da pouca extensión do territorio do termo municipal, a industria ten unha grande importancia. A industria máis importante de Martorell é SEAT, no termo atópase a sede, o centro de deseño e a fábrica automobilística. SEAT ten unha grande importancia na contorna da economía na zona, xa que hai un gran número de empresas que indirectamente se estableceron na zona, construíndo elementos varios para os vehículos.
No sector da industria química atópase Solvay, cuxo produto máis destacado é o PVC. Tamén se atopa Cargill Ibérica SLU (antigamente Cerestar Ibérica), unha importante industria alimenticia.
Lugares de interese

- Pont del Diable
- Igrexa de Santa Margarida, visigoda e románica.
- Castelo de Rosanes
- Convento dos Capuchinos, dos séculos XVII e XVIII.
Localidades irmandadas
Galería de imaxes
- Casa da Vila
- Can Bros
- Fábrica química Solvay
Véxase tamén
Ligazóns externas
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Martorell |
- Sitio web do concello (en catalán)
- Información da Generalitat de Catalunya (en catalán)
- Información do Institut d'Estadística de Catalunya (en catalán)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads