Masacre de Katyń
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O masacre de Katyń, tamén coñecido como o masacre do bosque de Katyń (do polaco zbrodnia katyńska, literalmente «crime de Katyń»), foi a execución en masa de cidadáns polacos (moitos deles oficiais do exército, feitos prisioneiros de guerra) pola Unión Soviética durante a segunda guerra mundial. No curso do masacre, aproximadamente de 15 000[1] a 22 000[2] polacos foron executados en tres lugares de execución masiva durante a primavera de 1940.

O descubrimento das tumbas masivas pola Wehrmacht (exército alemán) conduciu á ruptura das relacións entre o goberno polaco en exilio (con sede en Londres) e a Unión Soviética. O masacre foi empregada con fins propagandisticos polo réxime nazi, mentres que Stalin culpaba ao réxime nazi da autoría.[3] Non foi até 1990, baixo o goberno de Mikhail Gorbachev, cando se aclarou a responsabilidade da Unión Soviética. Este feito inflúe até agora nas relacións entre Polonia e Rusia.
O 10 de abril de 2010 o avión que transportaba o Presidente de Polonia Lech Kaczyński así como a numerosos militares e membros do Parlamento dese país que se dispuñan a acudir a conmemorar a matanza estrelouse preto de Smolensk, causando a morte de todos eles.[4]
Remove ads
Contexto
En principio a expresión refírese ao masacre dos oficiais polacos confinados no campo de prisioneiros de guerra de Kozielsk[5] no bosque de Katyn, preto do pobo de Gnezdovo, a pouca distancia de Smolensk, na Unión Soviética. Máis recentemente a frase viuse asociada á morte de aproximadamente 22 000 cidadáns polacos, prisioneiros de guerra dos campos de Ostashkov, Kozielsk e Starobielsk e presos dos cárceres do oeste de Belarús e Ucraína, asasinados por orde de Stalin no bosque de Katyn e as prisións de Kalinin, Khárkiv e outras cidades soviéticas.

Moitos polacos foran feitos prisioneiros de guerra tras a invasión e a derrota de Polonia polos nazis e a Unión Soviética en setembro de 1939, unha semana despois da firma do pacto secreto Pacto Molotov-Ribbentrop ou pacto entre Hitler e Stalin. Moitos campos de prisioneiros foron usados para o internamento de polacos capturados, incluíndo os campos de Ostashkov, Kozielsk e Starobielsk. Os dous últimos foron usados principalmente para oficiais, mentres que Ostashkov usouse, sobre todo, para exploradores, xendarmes, policías e funcionarios de prisións.
O 5 de marzo de 1940, de acordo cunha nota para Stalin preparada por Lavrenty Beria,[6] membros do politburo soviético - Stalin, Vyacheslav Molotov, Lázar Kaganóvich, Mikhail Kalinin, Kliment Voroshílov e Beria - asinaron unha orde de execución de activistas "nacionalistas e contrarevolucionarios" mantidos en campos e prisións de parte oeste ocupada de Ucraína e Belarús. Isto provocou o asasinato duns 22.000 cidadáns polacos, incluíndo uns 15.000[7] prisioneiros de guerra. A extensa definición de "acusado" incluíu un número significativo de membros da intelixencia polaca ademais de policías, reservistas e oficiais militares en activo.
O descubrimento do masacre precipitou a ruptura das relacións diplomáticas entre a Unión Soviética e o goberno polaco no exilio en Londres en 1943. A Unión Soviética negou as acusacións até 1990, cando a URSS recoñeceu que o NKVD foi responsable do masacre e do seu encubrimento.
Remove ads
Preparativos soviéticos

O 19 de setembro de 1939, o Comisario de Seguridade do Estado de primeiro rango, Lavrentri Pavlovich Beria (o comisario popular para asuntos internos) chamou ao Consello do NKVD da URSS para prisioneiros de guerra e internos (dirixido polo Capitán da Seguridade do Estado, Pyotr K. Sopruneko) e ordenou estableceren campos para os prisioneiros polacos. Foron: Jukhnovo (estación de tren de Babynino), Yuzhe (Talitsy), Kozelsk, Kizelshchyna, Oranki, Ostashkov (Illa Stolbny no lago Seliger, preto de Ostashkov), Putyvli (estación de Tetkino), Starobielsk, Vologod (estación de Zaenikevo) e o campo de Gryazovets.
No período entre o 3 de abril ao 19 de maio de 1940, ao redor de 22.000 prisioneiros de guerra e prisioneiros comúns foron asasinados. Preto de 6.000 prisioneiros de guerra do campo de Ostashkov, sobre 4.000 do campo de Starobielsk, 4.500 do campo de Kozielsk, e 7.000 prisioneiros de parte oeste de Belarús e Ucraína.
Só 395 prisioneiros foron salvados da matanza. Foron tomados dos campos de Yuknov e levados a Gryazovets. Foron os únicos que fuxiron da morte.
Aínda que os alemáns negaron coñecer sobre este masacre até 1943, un informe británico da Oficina de Relacións Exteriores da posguerra chega a suxerir que o masacre foi realizada por suxestión ou baixo complicidade alemá.[8]
Remove ads
Tecnoloxía do masacre

Até o 99% dos prisioneiros restantes foron subsecuentemente asasinados. As persoas de Kozielsk foron asasinadas no lugar habitual de execucións en masa de Smolensk, chamado o bosque de Katyn. As de Starobielsk foron asasinadas dentro da prisión do NKVD de Khárkiv e os corpos foron soterrados preto de Pyatikhatki; e os oficiais de policía de Ostashkov foron asasinados na prisión do NKVD de Kalinin (Tver) e soterrados en Miednoje.
Durante a vista de Dimitrii S. Tokarev, anterior xefe da Xunta do Distrito do NKVD en Kalinin, ofreceuse información detallada acerca das execucións na prisión do NKVD de Kalinin.
De acordo con Tokarev, os fusilamentos comezaban polo serán e remataban ao amencer. O primeiro transporte, o 4 de abril de 1940, trouxo 390 persoas, e os verdugos atopáronse cun traballo duro por ter que matar a tantas persoas nunha soa noite. Os seguintes transportes non levaron máis de 250 persoas. As execucións foron realizadas con pistolas tipo Walther de fabricación alemá e fornecidas por Moscova.
As execucións foron metódicas. Despois de revisar a información persoal do condenado, este era esposado e levado a unha cela illada. Os sons das execucións eran enmascarados con máquinas ruidosas durante a noite. Tras ser metido na cela, a vítima era inmediatamente disparada na caluga. O seu corpo era sacado pola porta de fronte e depositado nun dos cinco ou seis vagóns que agardaban, de onde era collido o seguinte condenado. O procedemento desenvolvíase cada noite, agás na festa do 1 de maio.
Preto de Smolensk, os polacos, coas súas mans atadas ás costas, eran conducidos ás fosas e disparados na caluga.
Conclusións
Coa intención de esquecer o incidente, distintos funcionarios rusos, polacos, ucraínos e belarusos investigaron. Con todo, novos documentos[9] proban como Stalin executara a outros once mil polacos que vivían nas antigas provincias orientais, anexionadas á URSS. Tamén tras a invasión do verán de 1941 foron executados outros tres mil prisioneiros polacos.
" ... Yeltsin volvería aparecer nunha cerimonia oficial para colocar a primeira pedra dun cemiterio polaco en Katyn. Con todo, o presidente ruso non proseguiu coas súas manifestacións malia o sucedido. Sinalou, pola contra, que o terror propio do Estado totalitario que fora a URSS non só afectara aos polacos, senón, fundamentalmente, aos cidadáns da antiga Unión Soviética. A continuación engadiu que a cuestión non debía servir para erosionar as relacións entre Rusia e Polonia."[10]
En 1998, Boris Eltsin e Alexander Kwasniewski acordaron erguer senllos monumentos en Katyn e Mednoye.
Remove ads
Galería de imaxes
- Masacre de Katyń.
- Ídem.
- Ídem.
- Ídem.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads